O Comité Comarcal do Partido Comunista de Galicia en Ferrolterra manifesta o seu apoio total ás traballadoras e traballadores de GADIS e FROIZ , que están en folga para defender unhas condicións laborais dignas no comercio de alimentación.
Detrás de cada caixa, de cada repoñedor e de cada turno hai traballadores que sosteñen un sector esencial con salarios insuficientes, xornadas esgotadoras e moita presión. Esta loita é súa, pero tamén é nosa: o que conquisten hoxe estas plantillas é un paso adiante para toda a clase traballadora.
Por iso chamamos a todos os traballadores e traballadoras da comarca a non mercar en GADIS nin en FROIZ mentres dure o conflito, e moi especialmente nas xornadas de folga do 10, 11 e o martes 13 de outubro.
A solidariedade de clase non é unha palabra baleira. Apóiaos. Non merques. A loita dunha plantilla é a loita de toda a clase traballadora.




