Lembrade que esta semana temos actividade cultural: Este vindeiro mércores 17, a partires das 19:00 horas, #XoséLuísOutes presenta no Ateneo Ferrolán a súa obra El tiempo, la mirada y la palabra.
O libro é unha colección de relatos editado por Medulia Editorial cun fío conductor: unha profunda meditación sobre o ser humano, con as súas grandezas e as súas miserias, omnipresentes en todos os pobos e culturas.
En todas as historias, e a pesares de estar enmarcadas en escearios difíciles, crueis, e incluso inverosímiles, o amor nas súas diversas formas e ropaxes, sempre atopa fendas para frorecer e ofrecernos unha luz de esperanza ó fin de tanta oscuridade.
#CulturaFerrolterra #AteneoFerrolan