COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Pola folga do ensino do 28 de abril. Por un ensino á altura da nosa clase.

28 de abril de 2026

A Xuventude Comunista de Galiza e o Partido Comunista de Galiza facemos público o noso apoio á folga convocada no sector do ensino para o mércores 28 de abril e chamamos á participación masiva do profesorado e do estudantado galego.

A crise do ensino público en Galiza non é froito da neglixencia nin da mala xestión. É o resultado dunha política de clase deliberada, orientada a debilitar a escola pública mentres se mantén o fluxo de recursos cara aos centros privados e concertados. Anos de recortes, precarización e abandono institucional fixeron do ensino público un servizo de segunda para a clase traballadora.

A isto súmase unha burocracia administrativa desbordante que está a converter ao profesorado en xestores de papeis. Informes, protocolos e rexistros interminables rouban o tempo e a autonomía necesarios para educar, esgotando a quen debería ter as condicións para exercer un traballo digno e transformador. Non é un exceso puntual: é un mecanismo de control deseñado para cansar e disciplinar.

Pero a nosa denuncia non remata aí. Esiximos un debate de fondo sobre para que serve o ensino público e a quen serve. Un sistema educativo subordinado ás necesidades do mercado, que forma man de obra barata e sen conciencia de clase, non é un ensino público digno dese nome. Necesitamos unha escola que arme á clase traballadora co coñecemento crítico, a cultura e as ferramentas para comprender o mundo e transformalo.

Iso esixe profesorado con tempo, dignidade e autonomía real. Esixe centros con recursos.

E esixe unha comunidade educativa organizada e combativa.

Saúdamos o proceso asembleario aberto no sector como expresión da capacidade de autoorganización da clase traballadora. Os acordos en mesas de negociación son insuficientes se non van sostidos pola presión organizada desde abaixo, desde os propios centros e asembleas. A historia demostranos que as conquistas non se regalan: arríncase.

Chamamos ao profesorado, ao estudantado, a comunidade educativa e ao conxunto da clase traballadora galega a secundar a folga do 28 de abril. A loita no ensino é a nosa loita.

Pola eliminación da burocracia que afoga o ensino.

Por condicións laborais e materiais dignas.

Por un ensino público, laico e ao servizo da clase traballadora.

A loita é o único camiño!

 

 

Categorías:

Comparte: