COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Ningún beneficio á nosa costa. A clase obreira organizada responde

9 de marzo de 2023

O 10 de marzo a clase obreira galega conmemora o seu día. é un día para recordar á loita daquelas que nos precederon e que deron ata a súa vida pola causa da súa clase. Pero é un día para recoñecernos como clase e de reflexionar sobre a nosa situación de explotación e a nosa capacidade para avanzar na conquista de dereitos.
En Galicia o 87% das persoas activas son asalariadas mentres que os seus  salarios só representan o 45,5% do PIB. A pesar do mantra de que non hai marxe para o aumento dos salarios, ó peche de 2022 as grandes empresas galegas amosaban beneficios récord grazas ó estancamento dos salarios e ó aumento da inflación. En Galicia, os convenios suben os salarios de media un 3,7%, mentres o IPC medio chega ao 9,2%.

O 20% dos e das asalariadas en Galicia non chegan a mileuristas polo efecto dos traballos descontinuos  ou períodos de desemprego. A situación de mileurista identifícase xeralmente cunha  muller, nova e do sector  servizos. Frente ós grandes beneficios empresariais e ós decrecentes salarios relativos coa capacidade de compra das asalariadas, atopamos unha ofensiva do capital para reducir o salario indirecto que recibimos en forma de servizos públicos. Ó ataque orquestado contra a sanidade pública é a necesidade que ten o capital que persigue aumentar a contratación de seguros privados a costa da nosa saúde.

A situación na que vivimos amosa a existencia de posibilidades reais de loitar polo  aumento dos nosos salarios. O capital está a gañar moito máis do que está a perder coa inflación e por suposto, para maximizar esas ganancias, non se está a reflectir nos nosos salarios. Non podemos permitir ningún beneficio duns poucos á nosa costa. Organizada, a clase obreira debe responder ó ataque do capital.

Categorías:

Comparte: