 Hoxe, no Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que este vindeiro martes 12 de marzo serán procesados os detidos pola folga do metal de 2021 en Cádiz.
Hoxe, no Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que este vindeiro martes 12 de marzo serán procesados os detidos pola folga do metal de 2021 en Cádiz. 
A fiscalía pide penas de 2 a 3 anos de cadea por desórden público e desobediencia. Non podemos permitir que criminalicen a loita da clase obreira, e moito menos que o faga un goberno antiobreiro que reprime ós traballadores que loitan polo pan e os seus dereitos, mentres trata con cobarde exquistez ós fascistas nas rúas.
Hoxe, que lembramos ós nosos compañeiros caídos, feridos e represaliados nas folgas do naval en 1972, amosanos a nosa máis forte solidaridade de clase cos compañeiros represaliados de Cádiz.
Viva a loita da clase obreira!
Unha soa clase, unha soa loita!
 
                            



