O Partido Comunista de Galicia súmase o manifesto galego de apoio á Resolución 77/7 das Nacións Unidas co obxectivo de poñer fin ao bloque de EEUU contra Cuba.
O pasado 2 de novembro a Asemblea Xeral das Nacións Unidas volveu a aprobar, un ano máis e xa van 31, unha resolución na que se pide o fin do bloqueo criminal contra Cuba. A resolución foi aprobada por 187 países, dous en contra (EEUU e Israel) e unha abstención (Ucraína).
Dende hai máis de 62 anos Cuba é sometida a un bloqueo económico, comercial e financeiro por parte de EEUU. Unha guerra económica que só nos últimos meses ten costado á economía cubana danos por un valor de máis de medio millón de dólares por cada hora que pasa. O PCG condena enérxicamente esta política xenocida que é a principal limitación para o desenvolvemento do país.
Pero o pobo cubano non se rende nin está disposta a ceder a súa soberanía ao imperialismo. O pobo cubano ten demostrado a súa fortaleza e resistiu durante todo este tempo con dignidade, dando continuidade as tarefas da revolución cubana e avanzando na construción do socialismo.
O PCG, xunto a Asociación galego-cubana Francisco Villamil e unha vintena máis de organizacións sociais, sindicais e políticas do país, concentrouse o pasado 28 de outubro na cidade de Vigo para reafirmar o noso firme apoio á loita polo levantamento do bloqueo e a nosa inquebrantable solidariedade co goberno e o pobo cubano.