COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

O PCG ANTE A SITUACION EN PALESTINA

28 de outubro de 2023


A resposta do réxime sionista ao ataque de Hamas, o pasado 7 de outubro, escribe unha nova páxina na historia da infamia: máis de 7.300 asasinados, case un terzo nenas e nenos, ataques a organizacións humanitarias, a xornalistas, acoso diplomático e inxerencias nos asuntos internos de países como o noso, así como o bombardeo doutros países como Siria, Exipto e Líbano, con absoluta impunidade.

Sorprende a dobre vara de medir á hora de tratar outros conflitos que se están a producir, como o de Ucraína, no que se apresuraron a establecer medidas sancionadoras contra Rusia. Porén, cando se trata de Israel, a postura dos países de Occidente é moito máis benévola. A UE limítase a pedir que se abran corredores e pausas humanitarias, que non son máis que parches que non van acabar co exterminio do pobo palestino. A única saída posible é o respecto ao dereito internacional: fin da ocupación e do bloqueo a Gaza, implementación da Resolución 194/48 das NNUU e retorno dos refuxiados.

A única solución ao conflito entre Palestina e Israel é que a comunidade internacional obrigue ao cumprimento por Israel das distintas resolucións sobre territorios ocupados que leva violando sistematicamente, garantir o dereito de Palestina a ser un Estado soberano e independente e poñer en marcha de inmediato un proceso de paz que dea lugar ao final da ocupación e o respecto ao dereito internacional.

Ante esta situación, o Partido Comunista de Galicia

  1. Esixe a ruptura inmediata de relacións entre España e Israel e a suspensión cautelar do acordo de Asociación UE-Israel ata que de cumprimento ás resolucións das Nacións Unidas.
  2. Esixe a dimisión inmediata da Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen e da Presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola.
  3. Esixe a retirada inmediata das frotas da UE, EEUU e Gran Bretaña do Mediterráneo Oriental.
  4. Insta ao goberno de España a promover o cesamento inmediato da violencia e do xenocidio contra o pobo palestino nos organismos internacionais dos que forma parte e cumpra co seu deber de velar polo estrito cumprimento do dereito internacional humanitario.
  5. Propón levar aos dirixentes do réxime sionista ante a Corte Penal Internacional para que respondan polos graves crimes contra a humanidade, para que ningún quede na impunidade.
  6. Demanda que a Fiscalía Xeral do Estado investigue os investimentos e actuacións realizadas por empresas españolas nos territorios ocupados a Palestina para esixir as responsabilidades penais prevista nas leis españolas.

Categorías:

Comparte: