COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Illa de Arousa | Cineclube Entrecortiñas inicia o ciclo adicado a Venezuela

3 de xuño de 2025

Este xoves 5 de xuño ás 20:00 horas, no auditorio municipal, o cineclube Entrecortiñas da Illa de Arousa inicia o ciclo adicado a Venezuela coa proxección da longametraxe "Alí Primera". Esta película é a producción máis grande dos últimos cinco anos do cinema venezolano e, máis que unha biografía, é unha homenaxe ao cantautor antiimperialista cuxa obra é considerada patrimonio nacional desde 2005.

Producida pola Gran Misión Viva Venezuela e Humana Cine, foi dirixida maxistralmente por Daniel Yegres e tivo o premio do Cameo e do Público no Festival de Cine Latinoamericano de Bordeaux, Francia.

O Consulado da República Bolivariana de Venezuela apoia a organización deste evento.

Unha vez máis, a galeguidade que recoñece a loita de clases, desafía o hexemonismo cultural do cine comercial neocapitalista ao presentar un ciclo de películas venezolanas producidas durante a Revolución Bolivariana, en contra do sistema impositivo recolonizador global.

O Cineclube Entrecortiñas da Illa de Arousa, adicará tódolos xoves do mes de xuño a partires das 20:00 horas no Auditorio Municipal a proxeccións venezolanas que amosan o carácter independentista, combativo, defensivo, cultural revolucionario e rebelde do pobo venezolano.

Os títulos seleccionados para as proxeccións son :

  • 5/6 - ALÍ PRIMERA .- Unha biografía sobre o cantautor venezolano, na que se relatan os eventos históricos que o convertirían no “Cantor do Pobo” e líder do maior movemento de artistas venezolanos comprometidos coa causa dos desposuídos. É a historia dos seus amores, das súas dores e dos cantares que acompañóu coa súa conducta indoblegable dende a súa infancia nas zonas desérticas do occidente venezolano, ata o seu tráxico final.
     
  • 12/6 - KUEKA, MEMORIA ANCESTRAL .- Da cineasta María de los Ángeles Peña Fonseca, é tamén o canto dunha identidade, o respecto ás súas cosmovisións e patrimonios. O film retrata a historia dun pobo que nunca cedeu ante o roubo da súa pedra ancestral de máis de vinte toneladas, que representa á aboa memoria, á sabiduría e envolve o equilibrio ancestral do pobo Pemón, que convirteu a súa dor en forza; que reclamóu xustiza con dignidade. Nun ollar que contempla o impoñente macizo Guayanés e as lonxanías alemañas que roubaron a importancia do respeito e a pertenza dos pobos orixinarios de Venezuela.
     
  • 19/6 - MÁS VIVOS QUE NUNCA .- Conta as aventuras de cinco anciáns rebeldes diante da clásica mirada da ancianidade excluída, que deciden fuxir do asilo “El Edén” trala morte de Paloma, quen alegraba os corredores do recinto cos seus boleros. Os cinco amigos rouban as cinzas da defunta e emprenden, a todo risco, unha longa viaxe nun antigo coche descapotable para cumprirlle o seu último desexo : espallar as cinzas no río da súa infancia. Perseguidos polos seus propios fillos e subestimados pola súa condición de anciáns nunha sociedade clasista, reatópanse cos seus propios soños de xuventude, nun despertar que os fai sentirse máis vivos que nunca.
     
  • 26/6 - OPERACIÓN ORIÓN .- Filme multipremiado producido no 2018 e dirixido por Rubén Hernández Remón que relata a historia dunha parella que se ve envolvida nun complot para asasinar o presidente.
     

O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela recoñece o esforzo deste colectivo cultural e invita asistir a estes eventos neste oportuno momento, para contribuir á difusión das verdades da Revolución Bolivariana

Categorías:

Comparte: