COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

Dende a Ulloa ata a Ría, terra, auga e aire son vida!

24 de maio de 2024

Este domingo ás 12 hrs, está convocada unha manifestación en Palas de Rei, baixo o lema “DESDE A ULLOA ATA A RÍA. TERRA, AUGA E AIRE SON VIDA! ALTRI NON!”.

O proxecto de Altri afecta a toda Galicia. Coa alteración dos ecosistemas nunha ampla zona central e, por outra parte, mediante o trasvase de diñeiro público a unha empresa privada. A proposta dunha fábrica de fibra téxtil termina no proxecto doutra planta de celulosa en Galicia, agravando o problema do monocultivo de eucalipto en Galicia.

O PCG xa manifestou a súa repulsa ao proxecto de Altri. E é que a implantación desta planta industrial provocará a destrución directa de 366 ha de territorio de gran valor biolóxico e reducirá en 16.000 l/día a cantidade de auga do encoro Portodemouros, agravando os seus problemas de eutrofización. A empresa promotora, Altri, busca producir pasta de papel preto da orixe da materia prima para reducir custos de produción e aumentar os seus beneficios, afectando gravemente ao medioambiente galego.

Dende o PCG, chamamos a participar na manifestación. Para facilitar o encontro, quedaremos ás 11:45 nesta ubicación.

Categorías:

Comparte: