COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

34 aniversario da Folga Xeral do 14D de 1988

14 de decembro de 2022

Hoxe cúmprese o trixésimo cuarto aniversario da Folga Xeral do 14 de Decembro de 1988 convocada polas centrais sindicais Comisións Obreiras e UGT, que deste xeito se distanciaban definitivamente do goberno de Felipe González tras as diferentes e fallidas reconversións e plans de axuste do gobierno socialiberal do PSOE. 

A convocatoria xerou importantes expectativas en diversos sectores sociais que viron abrirse unha posibilidade para continuar profundizando no rexeitamento ás medidas económicas liberais que se presentaban á opinión pública como sacrificios necesarios para modernizar a estructura productiva, adaptarse ó marco europeo e "gañar en competitividade".

Lamentablemente, durante os anos seguientes, a política sindical que se impuxo foi a do "pacto social" aínda que non logrou evitar tensións en algúns conflictos illados e tamén dentro de Comisións Obreiras, donde una corriente crítica partidaria da movilización foi, na meirande parte dos casos, yugulada dende a burocracia pactista.

O detonante da convocatoria do 14D foi a aprobación polo Goberno Gonzales do Plan de Emprego Xuvenil (PEJ) que abría paso ó que máis adiante se coñecería como o "traballo basura" a través das Empresas de Traballo Temporal (ETT), con beneficios á parte empresarial por medio de subvencións e reduccións de cuotas á Seguridade Social. 

El día elexido comenzou a folga ás 0.00 horas do 14 de dicembro coa interrupción das emisións de TVE e de Radio Nacional (RNE) por decisión colectiva da plantilla reunida en asamblea. Foi unha intensa noite de piquetes masivos que inundaron os lugares centrales das grandes cidades e de enormes asambleas en centros fabriles para impoñer o paro da producción con xigantescas manifestacións en casi todas as cidades grandes e medias.

O goberno do PSOE sufríu un duro golpe e non tivo máis opción que abrir un proceso de negociación posterior coas centrais sindicais convocantes, dos que os froitos logrados foron, o final, moi limitados e insatisfactorios.

Categorías: Efemérides

Comparte: