COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

ESTE 8M SEGUIMOS NAS RÚAS, ORGANIZANDO A LOITA ANTICAPITALISTA E ANTIPATRIARCAL!

3 de marzo de 2023

Este 8 de marzo, día Internacional da Muller traballadora, dende o Partido Comunista de Galicia reivindicamos a necesidade de dar un paso máis cara a ofensiva feminista para a construcción dun poder popular empoderante tamén para as mulleres obreiras. Durante estes últimos anos fóronse agudizando as consecuencias que tivo a situación post-pandémica e de crise para as mulleres de extracción obreira. Durante a pandemia sufrimos as maiores perdas de emprego e agudizouse a nosa situación de vulnerabilidade e a precarización da nosa vida. Cada día, a pesares das moitas vitorias que temos acadado, demóstrase que a pobreza, a temporalidade e a precariedade teñen rostro de muller.

As mulleres seguimos sufrindo a segregación horizontal relacionada cas tarefas de coidados, como consecuencia directa da división sexual do traballo. Temos as maiores tasas de temporalidade (especialmente as mulleres novas) e maiores contratos a tempo parcial e fixos descontinuos. Isto implica que temos maiores dificultades para acceder a contratos indefinidos a tempo completo, e así mesmo o sistema non nos permite conciliar os coidados que maioritariamente seguen recaendo nas mulleres obreiras. Ademais de enfrentarnos unha e outra vez a estas condicións estructurais nos centros de traballo continuamos sufrindo de forma contínua e normalizada acoso sexual, e é algo plenamente normalizado en moitos dos nosos postos, en donde case a metade dos casos veñen por parte dun superior.

Todas estas condicións estruturais teñen repercusións na nosa saúde mental. As enfermidades mentais seguen cebándose nas mulleres obreiras -afectandonos en maior medida-, sendo o factor de clase e de xénero os determinantes no diagnóstico destas. Segundo os rangos de idade, ser muller obreira pode ate triplicar a posibilidade de sufrir algunha afección á saúde mental, sen olvidar que no noso plano privado adicamos até unhas sete horas máis por semana que os homes para as tarefas domésticas e de coidados. 

A supervivencia de moitas de nós, de moitas mulleres, tradúcese en vernos obrigadas a subsistir e sobrevivir mediante a explotación sexual e do noso corpo, feito que aproveita o sistema para aplicar a lóxica mercantil á explotación dos nosos corpos. Un claro exemplo é o auxe de plataformas de compra e venda de sexo e consentimento, así como a exposición do corpo como un obxecto. O aumento exponencial de mulleres que se ven abocadas á xestación subrogada ou á prostitución. Denfendemos que a prostitución máis implícita ou explícita non é, nin pode ser, un traballo -cando se transforma á muller nunha mercadoria- e apostamos pola abolición de todas as formas de explotación sexual. 

Falase de avances e de cambios, pero a realidade é outra: pese a que as condicións inmediatas puideron cambiar nalgúns casos, seguimos tendo que ser responsables e coidar a outros frente a nosa propia realización e a nosa saúde mental, de forma que os beneficios capitalistas se manteñan a costa da nosa dobre explotación, en tanto que asalariadas e en tanto que mulleres. 

Dende o Partido Comunista de Galicia, loitamos para poder construír unha conciencia colectiva e a creación de espazos de poder popular, con perspectiva feminista, de clase, que nos permita visibilizar todas as limitacións que este sistema ten. Non podemos quedar aí; precisamos avanzar xuntas en construír dende a colectividade unha resposta organizada e acabar con este sistema capitalista e patriarcal que vive á nosa costa, á costa da nosa saúde e das nosas vidas. 

ESTE 8M SEGUIMOS NAS RÚAS, ORGANIZANDO A LOITA ANTICAPITALISTA E ANTIPATRIARCAL!

Categorías:

Comparte: