espacio
Portada Volver Contactar
espacio
 

TÍTULO VIII

DA RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS E EXPEDENTES SANCIONADORES.

 

ARTIGO 19.

 

Os conflictos que xurdan na actuación política entre afiliadas/os e organizacións, ou entre diversas organizacións, trataranse de resolver mediante a discusión e o convencemento, que nunha primeira instancia dará lugar á intervención dunha comisión paritaria proposta polas partes en conflicto.

 

Se non se produsexe acordo, intervirán as direccións respectivas ata o órgano nacional.

En ningún caso as discrepancias no debate político ou o xogo de maiorias e minrias, dará lugar por si mesmo a un expediente sancionador.

Os actos e omisións realizadas por militantes do Partido que vulneren gravemente os seus Estatutos e principios darán lugar, tra-lo correspondente expediente sancionador, ás sancións previstas no apartado seguinte.

A sanción procederá unicamente cando coa persuasión ou a crítica non se modifique a actuación incorrecta.

As sancións que se poderán impor, en todo caso motivadas, serán:

 

a.- Amonestación.

b.- Destitución do cargo de dirección.

c.- SuspensIón temporal de militancia.

d.- Expulsión da organización.

 

As sancións imporanse atendendo á gravedade das infraccións que as motivan.

O procedemento sancionador articularase nos seguintes términos:

 

a.- A incoación do expediente corresponderá a Asamblea da Agrupación ou ó

Comité Comarcal previo requerimento do comité.

b.- A/o instructor/a do expediente redactará un prego de cargo, que poderá ser

contestado nun de descargo pola/o afectada/o.

c.- A proposta de resolución, previa audiencia da/o interesada/o. será elevada ó

Pleno da Agrupación, que procederá a impor a sanción ou ó arquivo do expediente.

d.- No procedemento, os feitos poderán ser determinados e demostrados a través da práctica das probas admitidas en dereito.

 

A sanción de destitución dun cargo poderá ser adoptada polo propio órgano por maioria absoluta.

As sancións poderán ser recurridas no prazo dun mes dende a notificación ante o órgano superior, que resolverá no prazo máximo de dous meses.

A interposición do recurso suspenderá a executividade das sancións.

A desvinculación de EU-IU por parte dun militante ou colectivo do PCG ocasionará a apertura dun expediente informativo e a súa consecuente resolución, de acordo cós estatutos do PCG.

 

 

 

ARTIGO 20. COMISIÓN DE ESTATUTOS.

 

Na resolución de conflictos e expedientes sancionadores, poderán intervir-las comisións de Estatutos.

 

A súa función consistirá en elaborar informes ou dictámenes sobre a interpretación, integración ou acomodación das normas ou conductas que presenten discrepancias. As decisións acordadas nos dictámenes serán vinculantes para tódolos órganos.

 

Emitiranse a petición das/os afiliadas/os, das comisións paritarias ou dos órganos de dirección.

Para asegura-la súa independencia as/os súas/seus membros non poderán pertencer ós órganos de dirección do nivel correspondente.

O seu número será determinado polo Congreso que elixirá ós/ás suas/seus compoñentes.

 

ARTIGO 21. A XUVENTUDE COMUNISTA GALEGA.

A XCG é o referente xuvenil do PCG e a federación da UJCE en Galicia .

A XCG ten como finalidade orientar e organizar á mocedade traballadora e estudiantil con afáns revolucionarios e democráticos.

O PCG ten o deber de promove-la XCG en tódalas localidades donde non exista, así como apoia-lo seu traballo cos medios axeitados.

A/o Secretaria/o Xeral da XCG é membro do Comité Central e Comité Executivo do PCG.

 

A XCG participará en tódolos niveis organizativos do PCG, dacordo coas normas que se establezan polo Comité Central.

As/os cargos executivos da XCG non poderán ser elexidos para órganos executivos do PCG.

A existencia da XCG non exime ó PCG da responsabilidade de asumi-la problemática da mocedade obreira e estudiantil.

A XCG levará unha financiación autónoma da do PCG.

Permitirase a doble afiliación ás XCG e máilo PCG.

 

ARTIGO 22.

 

No PCG non existirán máis órganos ou cargos que os recollidos nestes Estatutos.

 

ARTIGO 23

En tódolos aspectos non recollidos nestes Estatutos, sempre que non se opoñan ó establecido total ou parcialmente neles, atenderase ó disposto nos Estatutos do Partido Comunista de España.

 

 

 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia