TÍTULO VI
ÓRGANOS DE FUNCIONAMENTO
ARTIGO 8. AS AGRUPACIÓNS.
A Agrupación é a organización de base do Partido. É a referencia territorial e sectorial das/os comunistas e estructúrase nunha demarcación territorial, de sector e de centro de traballo, establecéndose marcos de colaboración entre a estructura territorial e a sectorial que permita a coordinación de tódolas/os comunistas que actúen nun mesmo eido.
Constitúe o marco de estudio, reflexión e debate teórico-político colectivo que serve á proposta comunista, así como de impulso ó traballo das/os comunistas nos movementos sociais e no movemento obreiro.
A Agrupación reunirase en asambleas sempre que sexa preciso, a instancia do comité de dirección ou a petición do 10% da afiliación, recomendándose unha periodicidade mínima de unha vez cada dous meses.
Anualmente celebrarase unha asamblea extraordinaria para face-lo balance do ano e proceder á elección do comité directivo.
Cada Agrupación, sen prexuízo das suscripcións individuais das/os seus/súas membros, suscribirase a “Mundo Obrero” e “Nuestra Bandera”.
ARTIGO 9. OS COMITÉS
Os Comités, nos seus distintos niveis, son órganos elexidos que asumen a función de coordinar e orienta-las propostas do Partido. Están obrigados a desenvolver e pór en práctica as resolucións propostas que maioritariamente se decidiran nas asambleas e órganos correspondentes ó seu eido e superiores. Os acordos non poderán contradecir os dos órganos superiores.
A súa elección faise nas asambleas correspondentes ó seu eido ou, no seu caso, nas do eido inmediatamente inferior.
O número das/os seus/súas membros fíxase de xeito flexible dacordo coas funcións políticas definidas nos Congresos. O Partido traballará para que nos órganos de dirección, a tódolos niveis, ningún dos dous sexos supere o 60% das/os seus/súas membros.
No caso de baixas ou renovación de cargos, cada organización cubrirá as vacantes, e nos casos de Agrupación deben seren ratificados pola asamblea.
ARTIGO 10. O COMITÉ CENTRAL
O Comité Central é o órgano superior do Partido entre Congresos, asume no grado máximo as obrigas derivadas das resolucións congresuais e as das Conferencias Nacionais, amais de tódalas obrigas relativas a impulsa-la política do Partido e a atención e coordinación de tódolas/os membros e órganos.
Como órgano superior de goberno, representación, administración e disposición do Partido, ten as máis amplas facultades que en dereito se requiran, sen limitación para realizar calquera acto ou negocio xuridico e para a plena actuación ante os tribunais de calquera clase e xurisdicción no eido de Galicia, poidendo otorgar toda clase de poderes ou delega-las facultades relacionadas –comprendida esta última- nos órganos do Partido, así como revocar unhas e outras.
O Comité Central está composto polas/os membros elexidas/os no Congreso Nacional.
Os Estatutos da XCG determinarán o procedemento de elección e revocación das/os súas/seus representantes.
O Comité Central determinará o número que corresponde á XCG.
O Comité Central organizará as responsabilidades ou comisións que precise.
O Comité Central elexirá dentre as/os seus/súas membros a representación correspondente no Comité Federal do PCE.
O Comité Central reunirase cantas veces o requira a situación política, cun mínimo de 6 veces ó ano
As reunións convocanse polo Comité Executivo ou a petición de 1/3 das/os suas/seus membros.
A estas reunións poden asistir, con voz pero sen voto, persoas invitadas que teñan relación coas materias a tratar.
Os cargos políticos remunerados terán a duración temporal da lexislatura política do Comité Central.
Para a contratación de administrativas/os utilizarase o sistema de oposición restrinxida e pública no Partido. Para elo constituirase un tribunal composto por 5 membros do Comité Central.
ARTIGO 11. A CONFERENCIA DO PCG.
O Comité Central celebrará Conferencias Nacionais para o debate e ulteriores propostas sobre temas políticos, con carácter monográfico, cantas veces o requiran os acontecementos e, alo menos unha vez ó ano.
As Conferencias Nacionais son convocadas polo Comité Central.
A ellas asisten as/os membros do Comité Central e as/os membros elexidas/os, seguindo a normativa que aprobe este.
A Conferencia Nacional non terá competencias para a elección de órganos, nin sobre aspectos estrictamente organizativos.
En calidade de invitados, con voz e sen voto, poden asistir persoas que garden relación con os temas a debate, a proposta do Comité Central.
ARTIGO 12. ASESORAMENTO FINANCIEIRO.
Para o asesoramento sobre a financiación do Partido e o correcto cumplimento das obligacións contables e fiscais, o Comité Central nomeará unha comisión de carácter técnico e consultivo que terá as seguintes funcións:
a.- Revisa-las contas e balances presentados, sinalando os erros ou imperfeccións.
b.- Examina-los presupostos e plans de financiación, informando sobre desviacións ou incorreccións.
c.- Aconsellar sobre posibles melloras na economía ou financiación, conservación do patrimonio ou calquera outra medida pertinente nese eido.
d.- Para a elaboración deses informes, disporán dos datos precisos que lle suministren as/os responsables de finanzas dos diferentes eidos.
e.- Fomenta-la cotización das cuotas da afiliación por domiciliación bancaria.
ARTIGO 13. COMITÉ EXECUTIVO DO COMITÉ CENTRAL.
Comité executivo asegura as tarefas de dirección do Partido entre reunión e reunión do Comité Central ante o que responde e asegura o debate político sobre temas monográficos e de coxuntura política. A súa composición decidirase no Comité Central a proposta da/o Secretaria/o Xeral..
ARTIGO 14. A/O SECRETARIA/O XERAL.
Será elexida/o polo Comité Central electo no Congreso Nacional.
Corresponde a/o Secretaria/o Xeral asegura-la dirección e coordinación do traballo colectivo; preside as reunións do Comité Central e do Comité Executivo podendo, circunstancialmente, delega-la presidencia destas reunións noutra/o membro do Comité Central.
No funcionamento público do PCG é a/o seu/sua representante máxima/o, salvo no periodo de celebración do Congreso Nacional.
ARTIGO 15.
Para o funcionamento habitual do Partido é indispensable que algúns/has afiliadas/os realicen plena adicación.
A súa selección ou revocación corresponde ó Comité Central a proposta do Comité Executivo, e en todo caso, con notificación ó Comité Federal do PCE.
A súa vinculación co Partido acomodarase á normativa xeral sobre relación laboral ou profesional que corresponda, en todo caso, as contratacións deberán axustarse á Política sobre contratación laboral do Partido.
|