espacio
Portada Volver Contactar
espacio
 

TÍTULO V

MARCO DE DEBERES DAS/OS AFILIADAS/OS E DOS ÓRGANOS DO PARTIDO.

 

ARTIGO 7.

 

Toda/o membro ou órgano do Partido asume deberes que se deducen da súa linea política e dos principios básicos de funcionamento.

 

Son deberes das/os membros e órganos do Partido:

 

a.- Difundi-la política do Partido e EU-IU e procurar atraer ás persoas dispostas

á consecución dos seus obxectivos.

b.-Apoiar e difundi-los medios de expresión do Partido e de EU-IU.

c.- Tódolos órganos do Partido deben arbitrar medios para a preparación e promoción das/os seus/súas membros, que lles permitan asumir postos de responsabilidade dacordo coas necesidades do Partido.

d.- É obriga de tódolos órganos de dirección do Partido rendir contas periódicamente ante as bases respectivas.

e.1.- Tres faltas contínuas, ou seis discontínuas, ás reunións do Comité Central debidamente convocadas, serán motivo de baixa. As baixas serán cubertas polas/os suplentes da lista na que foi elexida/o. No caso de imposibilidade, seguiríase a orde de arriba abaixo.

e.2.- No caso de que non se poderan cubri-las baixas polo procedemento exposto

no párrafo anterior, quedarían vacantes. Só no caso de que no Comité Central se reduxese o número dos seus compoñentes a menos do 75% do inicialmente elexido no Congreso, procederiase a unha nova votación para cubri-las vacantes en tódalas Agrupacións con listas unificadas para todo o PCG.

f.- Abona-la cuota mínima que se estableza. O incumprimento inxustificado deste deber durante un ano dará lugar á baixa na afiliación, previa notificación por escrito e audiencia da/o interesada/o.

g.- Respeta-los acordos políticos e orgánicos dos órganos do Partido.

h.- Respetar e difundi-la Carta dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, así

como os contidos sociais da Constitución Española de 1.978.

i.- As/os membros do PCG que sexan propostas/os polas súas correspondentes

asambleas comarcais de EU-IU para funcións de cargo público, ou para calquera dos órganos de dirección política de EU-IU, procurarán contar co asentemento e apoio da Agrupación do Partido na que milita, e o órgano de dirección comarcal do seu territorio.

 

 

 

 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia