espacio
Portada Volver Contactar
espacio
 

TITULO IV

MARCO DE DEREITOS DAS/OS AFILIADAS/OS.

 

ARTIGO 6 .

 

O funcionamento interno do PCG baséase no pleno exercicio das liberdades democráticas. Tódolas/os membros do Partido teñen os mesmos dereitos e obrigas. A liberdade de expresión, incluso pública, ten como único límite o respeto ós principios de liberdade e igualdade do ser humano e ós principios do Partido. O dereito de reunión e a comunicación horizontal garanten o respeto ás minorias.

 

O deber de contribuir á coherencia política do PCG é expresión da conciencia das/os súas/seus membros e maniféstase no respeto ás decisións tomadas por maioria.

 

Tódala afiliación do Partido ten dereito a:

a.- Elexir e ser elexidas/os para os órganos de coordinación e dirección.

b.- Ser informados regular e puntualmente dos acordos, orientacións, actividades, e situación económica do Partido.

c.- Recibir con periodicidade da súa publicación “Mundo Obrero” con cargo á súa subscripción individual.

d.- Recibir formación teórica, política e cultural.

e.- Plantexar peticións, suxerencias ou cuestións de interés ós órganos de dirección e esixir resposta no plazo máximo de un mes.

f.- Coñecer con exactitude as críticas ou imputacións que se fagan sobre as súas actuacións, contando con medios axeitados de defensa e facer valer os seus dereitos ante os órganos colectivos ou comités superiores.

g.- Exerce-la liberdade de expresión e crítica, a través dos cauces orgánicos e con acceso ós órganos de expresión do Partido, recibindo destes a explicación correspondente se non se publicara.

 

 

 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia