espacio
Portada Volver Contactar
espacio
 

TÍTULO III

PRINCIPIOS BÁSICOS DE FUNCIONAMENTO.

 

ARTIGO 3.

 

O funcionamento do PCG responde ós principios e esixencias de todo partido democrático na sua actuación política. Dentro dese marco enuncianse, sen carácter exhaustivo:

 

3.1. Recoñecer a igualdade de tódalas persoas afiliadas ó Partido, con independencia das funcións que exerzan na organización.

3.2. Participar, no seu eido de actuación, nos procesos colectivos destinados a discutir, elaborar, e impulsar as propostas do Partido, e na toma de decisións e eleccións, actuando en coherencia con elas.

3.3. Exerce-lo dereito de voto libre e de igual valor no eido respectivo. O voto será persoal e nunca por delegación.

3.4. Respeta-las posicións ou propostas discrepantes ou minoritarias que contarán con medios axeitados para a súa manifestación e con representación proporcional nos procesos electivos.

3.5. Adicar voluntariamente a súa actividade persoal a tarefas ou funcións do Partido.

3.6. Responder como membro ou órgano do Partido ante o conxunto da organización ou ante os órganos superiores, das tarefas ou funcións asumidas.

3.7. Exerce-la crítica interna a calquera órgano ou membro do Partido.

3.8. Recoñece-la autonomía das organozacións para actuar na esfera da súa competencia, procurando a cohesión na acción do Partido.

3.9. Estimular que o maior número posible de afiliadas/os asuma postos de responsabilidade, evitando que se concentren nunha persoa ou grupo de persoas estas responsabilidades e as de carácter público ou institucional. O número de mandatos consecutivos non excederá de tres para os cargos internos do Partido.

3.10. Participar activamente no sostenemento económico do Partido na medida das súas posibilidades.

3.11. Queda totalmente prohibida a cooptación; é dicir, que un órgano elixa a calquera das/os /súas/seus membros.

 

ARTIGO 4.

 

A financiación do Partido responde ó principio de transparencia económica e solidariedade. Os recursos proveñen das cotizacións da afiliación, segundo os baremos aprobados Comité Central, das aportacións voluntarias desta e das/os simpatizantes, das actividades que se realizan a tal fin, dos rendementos do seu patrimonio e actividades, ingresos previstos na lexislación sobre financiación de partidos políticos, da participación nos ingresos de EU-IU a través dos protocolos financieiros, e da participación na Festa do PCE.

 

O patrimonio do PCG, por decisión voluntaria e soberana, cédese ó PCE para a súa administración e rexistro, nas mesmas condicións que o resto das federacións do Partido.

 

A Comisión Política de Finanzas presentará ó Comité Central a rendición de Contas do Exercicio que rematou durante o primeiro semestre do ano seguinte, para que as contas do PCG sexan aprobadas polo Comité Central.

 

Para a execución do Presuposto e aprobación de gastos crearase unha Comisión Política de Finanzas composta pola/o Secretaria/o de Finanzas do Comité Central e as/os Secretaras/os de Finanzas das distintas organizacións comarcais. Entre as súas competencias estarán:

 

- Presentar para a súa aprobación o Presuposto.

- Presenta-la rendición de contas.

- Aproba-los gastos do Comité Central.

- Presentar ó Comité Central as modificacións presupostarias.

 

O PCG funcionará cun presuposto anual aprobado polo Comité Central dentro do primeiro trimestre e antes de pecha-lo exercicio económico mediante o correspondente balance financieiro. O Comité Central fixará as bases de execución e os criterios xerais para a configuración dos presupostos de tódalas organizacións do Partido.

 

ARTIGO 5.

En temas de grande importancia deberá realizarse un referéndum vinculante para que se pronuncie o conxunto do Partido.

Convocarase a instancias do Comité Central do PCG ou a petición dun número de afiliadas/os que representen alomenos un tercio da afiliación.

Tanto a proposta como a celebración do referéndum deberá ir precedida dunha campaña específica de información e de debate.

 

 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia