espacio
Portada Volver Contactar
espacio
 

TÍTULO II

DOS MEMBROS DO PARTIDO E A SÚA INCORPORACIÓN .

 

ARTIGO 2.

 

2.1. Poden ser membros do PCG tódalas persoas que acepten voluntariamente a súa política e os seus estatutos.

O ingreso solicitarase ó Comité da Agrupación onde se vaia militar, quen o someterá á Asamblea da Agrupación. En caso de conflicto por rexeite da Agrupación, decidirá, en última instancia, o Comité Central do PCG , previo informe do Comité Comarcal e oido o solicitante.

En caso de solicita-la afiliación unha persoa que anteriormente desenpeñase cargos de responsabilidade noutro partido, a decisión corresponderá ó Comité Central.

En caso de petición colectiva do ingreso, deberá ser estudiado e resolto polo Comité Central do PCG.

O ingreso supón o dereito e o deber de adscribirse á organización correspondente de EU-IU de xeito individual, previa aceptación asinada.

A pertenencia ó PCG implica o deber e o dereito de participar politicamente na organización correspondente de EU-IU en cada eido.

 

2.2. O carné é o documento que acredita a afiliación ó PCG, e representa o vinculo que compromete ó/á seu/súa titular co Partido.

A toda/o nova/o afiliada/o entregaráselle, no momento de formaliza-la súa incorporación, unha copia dos estatutos e dos documentos congresuais en vigor.

 

2.3. Se a persoa solicitante tivese pertencido ó Partido con anterioridade, darase conta de dita solicitude ó órgano inmediato superior, o cal ratificará, ou non, o ingreso.

 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia