TÍTULO I
P.C.G.
ARTIGO 1.
O PCG, pola súa historia e actividade forma parte do movemento obreiro, dos sectores sociais e da cultura que traballan e loitan na perspectiva e construcción do socialismo e a realización plena do ideal emancipador do comunismo. Ten como obxectivo estratéxico superar todo signo de opresión nacional e abolir a explotación do home polo home.
O PCG ten personalidade propia e en función das características específicas, sociais, políticas e culturais de Galicia, desenvolve de xeito creador e autónomo as súas propias alternativas e organización, de xeito solidario e corresponsable có proxecto político común no conxunto do Estado que representa o PCE. O PCG é, por tanto, a federación galega do PCE.
O PCG é unha organización política da clase obreira, dos homes e das mulleres e das forzas revolucionarias de Galicia, que ten como obxectivo a consolidación e desenvolvemento da democracia plena -política, social e económica- a reivindicación do dereito de autodeterminación e a defensa e profundización da autonomía plena no marco do Estado Federal e solidario, a transformación de Galicia coa superación das estructuras económicas, políticas e sociais que producen a desigualdade e a dependencia.
O PCG considerase parte das tradicións progresistas e revolucionarias e das loitas do pobo galego, impulsadas ó longo da súa historia.
O PCG basase no marxismo revolucionario e nas aportacións teóricas, políticas e culturais dos proxectos de liberación que teñen como obxectivo a democracia plena, a supresión de calqueira forma de explotación e opresión duns seres humanos por outros, a emancipación do ser humano e o socialismo como negación dialéctica e superación do capitalismo. É un partido laico e republicano.
O PCG impulsará por si mismo e proporá a Esquerda Unida Izquierda Unida as relacións solidarias cos pobos, movementos e partidos que coinciden con estes obxectivos e traballan por unha humanidade sen clases nin Estados. O PCG reitera o compromiso, definitorio da súa identidade, na aspiración á paz e a cooperación dos pobos; o dereito universal ó traballo digno, a realización dos dereitos sociais e políticos das persoas, a conformación dunha sociedade que se inspire en valores de igualdade, liberdade, solidariedade e xustiza; a igualdade e dignidade de tódalas persoas sen discriminacións sexistas, racistas, xenófobas e de todo tipo.
Unha sociedade que intente lograr e deixar ás xeneracións futuras ideais de non violencia e de preservación da natureza.
A democracia e a súa plena realización na economía, a política e as relacións sociais e culturais e o eixo normativo sobre o que xira a actividade política do PCG na vertebración e construcción da alternativa ó capitalismo.
As/os membros do PCG basean a súa relación política na igualdade e o respeto, fomentando no seu seo medidas positivas, que incidan na consecución da igualdade e a non discriminación por razón de sexo, raza, ou de outro tipo, tanto na división das tarefas como no acceso a postos de dirección. O grado de adicación de cada un das/os suas/seus membros é voluntario.
A militancia no PCG é incompatible con calquera xesto ou acto de xenofobia, racismo, sexismo ou calquera outra actitude ou expresión que entre en contradicción coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O PCG establece a súa relación con Esquerda Unida Izquierda Unida a traves do traballo persoal, individual e libre das/os suas/seus militantes, participa e se corresponsabiliza con outras forzas políticas, colectivos e persoas no proxecto estratéxico, unitario e plural da esquerda transformadora que representa EU-IU, aportando as/os suas/seus miltantes o esforzo e a actividade teórica, política cultural e programática, tanto nas suas asambleas de base e áreas de elaboración, como nos seus órganos de elaboración.
O Partido debe potenciar entre a súa militancia o debate político e a formación. Os diferentes órganos de dirección do Partido deberán esforzarse por propiciar as analises de coxuntura política, para que o conxunto da militancia dispoña de elementos de xuizo suficintes para posicionarse individualmente en EU-IU e na súa militancia en xeral na sociedade. A organización, os órganos de expresión, as revistas teóricas e boletíns internos impulsarán permanentemente ese debate colectivo.
Como consecuencia dese proxecto estratéxico, as decisións tomadas en EU-IU dacordo co seu método de funcionamento, vincularán ós/ás militantes comunistas.
As/os comunistas en EU-IU contarán coa suficinte autonomía para poder exercelo seu traballo ou responsabilidade poítica, aló onde tiveran que exercela.
A cohesión do PCG en EU-IU circunscribirase unicamente a cuestións de liñas estratéxicas ou situacións especiais, que serán determinadas polos órganos correspondentes.
O PCG desenvolverá e impulsará con especial interés a formación permanente da súa militancia, o debate e a documentación. A organización, os órganos de expresión, as revistas teóricas e boletíns internos impulsarán permanentemente ese debate colectivo.
O PCG impulsará a presencia da súa militancia nos movementos sociais e movemento obreiro para que, dende o respeto á independencia deses movementos, en tanto que militantes comunistas e de EU-IU, participen na vertebración das alternativas á sociedade, Estado e goberno, non só dende as institucións, senón dende a mesma sociedade. O PCG desenvolverá, como unha das tarefas primordiais dos seus órganos de dirección, unha política de afiliación.
A política e os estatutos elaborados polo PCG son o marco de relación federal có PCE, aprobados sobre a base do interés común, como factor fundamental de cohesión e asentanse na defensa dos dereitos e liberdades do pobo de Galicia.
O PCG utiliza como símbolo a bandeira bermella coa fouce, o martelo e as letras P C G en ouro. Nos seus actos públicos acompañarase coa bandeira de Galicia.
himno do PCG é A Internacional.
O idioma oficial do PCG é o galego. |