XIII_Congreso

Share

Estimado/a camarada:

O vindeiro sábado 4 de outubro o PCG celebra na cidade de Vigo o seu XIII Congreso.

Un Congreso enmarcado, sen dúbida, nun contexto de emerxencia social e de excepcionalidade democrática. Vivimos tempos complicados, de clara involución democrática e destrucción dos dereitos sociais e políticos acadados con moito esforzo e sacrificio ao longo do século XX, en cuxa conquista xogou un papel protagonista o noso Partido.

As oligarquías financieiras e económicas iniciaron un proceso que deron en chamar a Segunda Transición, e que parte dun gran Pacto de Estado no que xoga un papel fundamental o bipartidismo monárquico e a abdicación do anterior monarca. Están intentando salvar a II Restauración borbónica, o réxime que iniciaron coa sucesión do anterior dictador e que hoxe se atopa nunha profunda crise estrutural que afecta a todos os seus estamentos.

No XIX Congreso do PCE decidimos lanzarlle un órdago ao poder, transmitindo claramente que os/as comunistas non imos aceptar ningún pacto de estado, que o noso compromiso é a ruptura democrática e a disputa do poder ao Sistema.

Por iso o XIX Congreso do PCE aprobou a Alternativa Social e Democrática Anticapitalista (ASDA), que contempla a creación dun bloque social e político que camiñe cara un proceso constituínte no horizonte da III República. Chegou o momento de analizar, discutir e deseñar a alternativa comunista para Galicia.

Debemos ser conscientes de estar vivindo un momento histórico que pode abrir, por primeira vez no nosopaís, un proceso realmente democrático protagonizado polas clases populares. Son tempos difíciles, pero tempos de profundos cambios e de esperanza para o avance dos nosos principios e ideas, para impulsar a unidade de acción das forzas sociais transformadoras e acadar dunha saída social á crise capitalista.

Xa que logo, o XIII Congreso precisa a aportación de toda a nosa intelixencia no intelectual colectivo que é o Partido. Un momento histórico tan decisivo como o actual require da túa implicación, da participación de toda a militancia nun debate que vai marcar o próximo futuro. Son tempos nos que as aportacións e contribucións a ese debate se antollan fundamentais para acertar na estratexia do Partido.

Coa túa ayuda, o XIII Congreso situará ao Partido Comunista de Galicia nas mellores perspectivas para ser o referente da clase traballadora galega. Contaxiemos o orgullo de seren comunistas, o orgullo de pertencer ao Partido Comunista de Galicia.

NO SEGUINTE RECADRO TES AS DATAS DAS ASEMBLEAS COMARCAIS NAS QUE DEBATIREMOS OS DOCUMENTOS E ELEXIREMOS OS DELEGADOS E DELEGADAS PARA O XIII CONGRESO.

COMARCA             DATA ASEMBLEA HORA LUGAR
CORUÑA 23/09/2014 20:00 SEDE EU
FERROLTERRA 22/09/2014 20:00 SEDE PCG
COMPOSTELA 16/09/2014 20:00 SEDE EU
BARBANZA 20/09/2014 20:00 SEDE EU
LUGO 23/09/2014 20:00 SEDE EU
OURENSE 25/09/2014 20:00 SEDE PCG
PONTEVEDRA 19/09/2014 20:00 SEDE EU
VIGO 24/09/2014 19.30:00 SEDE EU
AROUSA SEDE EU

NO SEGUINTE ENLACE PODES DESCARGAR OS DOCUMENTOS A DEBATE:

Pdf-icon

 

 

Recibe un saúdo fraternal e revolucionario,

 

 

 

 

 

 

 

 

Carlos Anxo Portomeñe

Secretario Xeral do PCG

 

 

Pdf-icon

DOCUMENTOS E NORMAS XIII CONGRESO DO PCG

 

 

Share