Ferrolterra

Share

cartel-entregas-carnets-fer

………………………………………………………………………………………………………………………..

folgaferrolO PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA APOIA A FOLGA COMARCAL POLO SECTOR NAVAL EN FERROLTERRA

O comité executivo do PCG considera indispensable a mobilización masiva da sociedade da comarca de Ferrolterra ante o que pode significar a liquidación definitiva dun sector que ten sido o gran aporte económico da zona. O PCG lembra que os traballadores e traballadoras do naval están máis que fartos de anuncios e promesas de carga de traballo ou proxectos que nunca teñen cristalización polo que, ante a cortina de fume do goberno co asunto PEMEX, non queda outra saída que a mobilización para defender a industria da comarca e polo tanto o futuro de moitos e moitas.

O PCG chama á solidariedade activa doutras comarcas de Galicia, especialmente a de Vigo que, con case todos os asteleiros parados e coa amenaza da anulación do anterior tax lease, ógase xunto con Ferrolterra a liquidación dun sector que foi capaz de xenerar emprego de xeito constante e nutrido.

O  PCG participará con faixa propia na folga xeral o vindeiro 12 de xuño e celebra a unidade sindical conquerida

Share