Unisono non pecha o centro de traballo malia a ameaza do coronavirus e a pesar de non cumplir as condicions de hixiene mínimas

No centro de chamadas de Unisono de Vigo hai varios días que sindicatos e traballadoras están reclamando o peche do centro de traballo debido a que non presta un servizo […]
Share

No centro de chamadas de Unisono de Vigo hai varios días que sindicatos e traballadoras están reclamando o peche do centro de traballo debido a que non presta un servizo de primeira necesidade. A isto sumase que non se cumplen as condicións mínimas no ámbito sanitario e de hixiene. Non se cumpre o criterio de separación entre postos de traballo; os postos, que son compartidos por varias compañeiras, non son debidamente hixienizados entre quendas; e un largo etcétera nunha empresa que xa recibiu denuncias anteriormente debido ás deficientes condicións sanitarias nas que teñen as oficinas.

A empresa está actualmente ofrecendo teletraballo, máis de xeito inviable posto que os equipos non están preparados, ademais de que obligan as traballadoras a utilizar os seus propios equipos e liña de teléfono, o que ademais de supor un custe engadido sen retribución salarial, tamén supón un problema para traballadoras que non teñan as ferramentas adecuadas para dar un soporte profesional destas caracteristicas. Debido a isto, as traballadoras vense obligadas a asistir presencialmente aos seus postos de traballo.

Ademais, o pasado martes nos enteramos de que unha traballadora deu positivo por Covid 19 (#coronavirus). Ante a reacción das plantilla, reivindicando o paro do traballo, a resposta da empresa foi presionar e coaccionar ameazando con represalias en caso de que se ausenten dos seus postos de traballo.

Dende o PCG consideramos esta situación como inaceptable, apoiamos aos sindicatos e traballadoras na lexitima reivindicación do dereito á saúde e exisimos a esta empresa, como a calquera que estea nas mesmas condicións, que peche o centro de traballo mentres non se poida garantir a saúde das traballadoras.

Share