Pasamento da camarada Julia Domínguez

Dende o Comité Comarcal do PCG na comarca de Vigo comunicamos o pasamento esta mañá da nosa camarada Julia Domínguez. Julia foi unha loitadora nuns tempos moi duros para a […]
Share

Dende o Comité Comarcal do PCG na comarca de Vigo comunicamos o pasamento esta mañá da nosa camarada Julia Domínguez. Julia foi unha loitadora nuns tempos moi duros para a oposición política e para as familias de clase obreira. Xunto ao seu compañeiro de vida, o camarada Waldino Varela, ofreceunos un exemplo de resistencia cando chegaban as represalias pola labor política e sindical, así como de apoio a outros camaradas que realizaban na clandestinidade. A súa coherencia militante ata o final estará presente na memoria de todas as que continuamos loitando por unha sociedade máis xusta.

Queremos expresar as nosas condolencias e apoio á súa familia. Ata sempre, camarada. Que a terra che sexa leve.

Share
Etiquetas: ,