Na defensa da Universidade Pública e contra a mercantilización do ensino.

Dende setembro do ano pasado estase a tramitar no parlamento galego a modificación da Lei do sistema universitario de Galicia para dar soporte á creación da primeira universidade privada do […]
Share

Dende setembro do ano pasado estase a tramitar no parlamento galego a modificación da Lei do sistema universitario de Galicia para dar soporte á creación da primeira universidade privada do país. Isto supón un novo capítulo na mercantilización do ensino universitario, en particular, e de calquera servizo ou ben público, en xeral. Abanca é a impulsora desta universidade, unha entidade rescatada con 9.000 millóns de diñeiro público e finalmente malvendida a mans privadas.

A creación desta universidade privada non é una demanda social en Galicia, é o desexo dunha entidade privada para lucrarse cun dos piares básicos da sociedade. A universidade é un elemento fundamental na creación de igualdade de oportunidades e por iso unha universidade pública de calidade é esencial. O ensino superior en Galicia conta con tres universidades públicas, sete campus e múltiples titulacións oficiais que ofrecen garantías suficientes para que, ademáis de ilexítimo, o proxecto de universidade pública de Abanca se faga innecesario. Ademais, hai que ter en conta que a normativa galega de universidades prohibe a creación de universidades privadas sempre que oferten as mesmas titulacións que o sistema público. Agora a dereita trata de modificar a Lei do sistema universitario de Galicia co único obxectivo de beneficiar a unha empresa e non aos galegos e ás galegas. O ensino superior privado é un pedestal que pretende remarcar a existencia dunha elite económica e o goberno de Feijóo pretende colaborar con esta elite.

Por isto, o Partido Comunista de Galicia quere manifestar , unha vez máis, a súa aposta polo ensino público e quere manifestar o apoio á Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública constituída polos representantes dos traballadores e traballadoras, así como do estudantado do sistema universitario galego. O PCG estará sempre presente nas mobilizacións convocadas en defensa do ensino. https://plataformagalegauniversidadepublica.wordpress.com/

Share