O PCG felicita ás traballadoras de Citröen polos últimos avances sindicais e apoia as demandas na negociación do convenio colectivo

O xulgado número dous do Social de Vigo, ditou sentenza en materia de conciliación a favor dun traballador de PSA. Considerando favorable a petición do traballador de manter o turno […]
Share

O xulgado número dous do Social de Vigo, ditou sentenza en materia de conciliación a favor dun traballador de PSA. Considerando favorable a petición do traballador de manter o turno de mañán para garantir a súa conciliación laboral e personal ca súa parexa, sen necesidade de obter a xornada reducida. A sentencia é un grande avance, dado que ata agora a conciliación en PSA asóciase á perda económica pola reducción da xornada.

Desde o Núcleo de Industria e Construcción do Comarcal de Vigo do Partido Comunista de Galicia, tras coñecer a sentencia queremos celebrar co conxunto dos traballadores esta nova victoria en sede xudicial frente á Patronal. Na loita pola igualdade, as leis de conciliación e a súa aplicación nos centros de traballo son de grande importancia. Esta sentencia abre o camiño para os traballadores da PSA cos fillos menores de doce anos así como a coidadores de persoas dependentes que se poden acoller a esta medida.

Por todo isto, queremos traslada-las nosas felicitación ó traballador, así como á organización sindical que representouno, sendo neste caso a CUT. Solo coma clase avanzaremos reforzando as organización dos traballadores. Solo ca loita organizada chegaremos a consolidar dereitos e avances sociais.

¡Adiante compañeros!

Share