O PCE ante o Día Internacional das persoas migrantes: Nada que celebrar

Share

O 18 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas migrantes, unha data na que lamentablemente contamos con escasos motivos para a celebración. Unha data establecida en honra á declaración en 1990 da Convención internacional sobre a protección dos dereitos de todos os traballadores migratorios e dos seus familiares, un acordo que, de forma significativa, non subscribiron ningún dos países capitalistas que se benefician maioritariamente da man de obra migrante.

Un ano máis, a tónica xeral das políticas migratorias na Unión Europea pon de manifesto o nulo compromiso dos seus países integrantes cos dereitos humanos das persoas migrantes. O Mediterráneo continúa sendo un lugar marcado pola morte de miles de persoas, que tratan de cruzalo en busca dunha vida mellor, deixando atrás escenarios de escaseza, guerras, pobreza e a crecente inhabitabilidad dalgúns dos países máis afectados pola crise climática, causada maioritariamente polas multinacionais, amparadas por un sistema económico depredador, inxusto e desigual.

No que vai de ano, máis de 1500 persoas perderon a vida ao tratar de alcanzar as costas europeas. Unha cifra inferior á de anos anteriores, que non responde, con todo, a unha mellora das medidas de seguridade nas rutas migratorios, senón ao significativo descenso do volume de persoas que migran cara Europa.

No ámbito español, o 2019 estivo marcado polo crecemento de discursos de odio particularmente agresivos, acompañando á irrupción no escenario político de forzas políticas de extrema dereita que criminalizan mediante a demagoxia e o medo á poboación máis vulnerable. Sucesos como o ataque a un Centro de Acollida de Menores de Idade, non só non condenado irresponsablemente polo Partido Popular nin por Vox, senón precisamente alentado polos discursos de odio que se estenden perigosamente.

Mentres tanto, continúan as problemáticas asociadas á nula vontade mostrada polas administracións para xestionar a chegada de migrantes e refuxiados ao país, a criminalización na xestión do fenómeno co mantemento de Centros de Internamento de Estranxeiros e a sucesión de casos de abusos laborais e sociais a persoas de orixe migrante.

Non podemos deixar de mencionar a situación de máis de 2 millóns e medio de persoas que emigraron desde España no últimos dez anos, buscando oportunidades ante os desastrosos niveis de desemprego e os sucesivos recortes de dereitos sociais no noso país, excluídos do debate político con medidas de carácter completamente antidemocrático, como o establecemento do voto rogado.

Ante este panorama, dende o Partido Comunista de España reivindicamos:

1.  A necesidade de afrontar a migración como un fenómeno inherente ao ser humano e non como un problema, fuxindo de políticas de criminalización e persecución das persoas migrantes.

2. O rexeitamento firme e contundente aos discursos de odio, mecanismo demagóxico de desvío de atención dos problemas sociais reais, que pon en risco os nosos valores fundamentais e a nosa convivencia.

3. O abandono de políticas exteriores centradas no espolio de materias primas e á vulneración dos Dereitos Humanos, e a procura de políticas orientadas á xustiza, a soberanía dos pobos e a equidade internacional.

4. A implicación do goberno en devolver dereitos sociais arrebatados aos migrantes españois que se atopan noutros países, así como en poñer en marcha políticas que faciliten, se así o desexan, o seu retorno.

No Día Internacional das persoas migrantes, o PCE reitera o seu compromiso e a súa loita por unha política migratoria baseada na solidariedade dos pobos, afastada da criminalización e da actitude criminal que manteñen os países europeos ante o fenómeno migratorio. Porque fronte as políticas perpetradas desde a Unión Europea, non temos nada que celebrar

Share