Camilo, o partido nunca te esquecerá, e a Historia verdadeira necesariamente tampouco.

A HISTORIA, con maiúsculas, está hoxe de loito. Camilo de Dios. O noso camarada foi, como diría o tamén camarada o profesor Xesús Alonso Montero, a dormir fora na tarde […]
Share

A HISTORIA, con maiúsculas, está hoxe de loito. Camilo de Dios. O noso camarada foi, como diría o tamén camarada o profesor Xesús Alonso Montero, a dormir fora na tarde noite do pasado día 17. Era, con Quico Martínez e Esperanza Martínez, os únicos guerrilleiros todavía vivos. Os supervivintes de aquel exército guerrilleiro, que o longo de España, e durante 10 anos, mantivo a dignidade do pobo español, contra a dictadura criminal, apoiada  polo gran capital nacional e internacional.

Camilo sufriu discriminación desde neno. Decía que era ateo gracias ao cura que lle negou a comunión por ser fillo de comunista. Aos 15 anos integrouse na guerrilla, e nas xuventudes socialistas unificadas, cando mataran ao seu pai e apropiaronse da súa casa familiar.

No ano 49 foi detido, torturado e condeado a morte. Era menor de idade e o condearon a 30 anos de cadea. Cando saíu en liberdade integrouse no partido comunista en Ourense , onde foi membro do seu Comité Provincial. Foi detido novamente nos anos 70 por loitar na defensa dos campesinos.

A pesar de sufrir todo tipo de represións non gardou rencor para ninguén. Contaba que un coronel que o tiña ao seu servicio, cando tivo que facer obrigatoriamente a mili ao saír da cadea, preguntóulle se lle daba una escopeta cando ían xuntos a cazar dispararía contra él si tivera ocasión. «Se coa súa morte se arranxara a situación política do país, se conseguirá a liberdade e a xustiza non o dudaría. En caso contrario sería un crime que non cometería». Ese era Camilo, un home íntegro, valente e responsable ata o mesmo día do seu pasamento que recibiu coa maior dignidade.

O partido nunca te esquecerá, e a Historia verdadeira necesariamente tampouco.

Saúde e República.

Partido Comunista de Galicia.

Share