O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA PRESENTA A OBRA “HOMENAXE A SANTIAGO ÁLVAREZ (1913-2002)” O MARTES 17 DE DECEMBRO EN PONTEVEDRA O Partido Comunista de Galicia presentará o martes 17 de […]
Share

O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA PRESENTA A OBRA “HOMENAXE A SANTIAGO ÁLVAREZ (1913-2002)” O MARTES 17 DE DECEMBRO EN PONTEVEDRA

O Partido Comunista de Galicia presentará o martes 17 de decembro ás 20 horas no espazo Nemonon de Pontevedra a obra Homenaxe a Santiago Álvarez (1913-2002): o libro dos amigos, camaradas e admiradores”. Intervirán no evento o Presidente de Honra do PCG e coordinador da Obra, Manuel Peña Rey Bouzas, o ex-presidente da RAG Xesús Alonso Montero, así como a profesora pontevedresa Carmen Margariña Valderrama.

Coa publicación da obra ríndese tributo á figura do comunista ourensán Santiago Álvarez Gómez, dirixente histórico do PCG do que foi fundador e primeiro secretario xeral. A súa traxectoria, dende a labor desempeñada na organización do campesiñado galego a partir do 31, a súa participación como como comisario político na Guerra Civil ou o seu papel decisivo na dirección e rearticulación do Partido Comunista, son imprescindibles para comprender a historia do movemento comunista en Galicia e España.

No libro recóllese unha selección das miles de páxinas das súas memorias e da súa obra “Castelao y nosotros los comunistas”, numerosas colaboracións por parte de amigos e camaradas, unha reseña biográfica elaborada polo historiador Víctor Santidrián, así como un epílogo do profesor Alonso Montero. A coordinación da edición e o prólogo corresponde a Manuel Peña-Rey con ilustracións do pintor Xaime Quessada.

Share