Centos de persoas concentráronse onte en Galicia en defensa do pobo boliviano.

Na tarde de onte, centos de persoas concentráronse nas prazas das cidades e vilas de Galicia  para mostrar o seu apoio ao lexítimo goberno de Evo Morales e ao pobo […]
Share

Na tarde de onte, centos de persoas concentráronse nas prazas das cidades e vilas de Galicia  para mostrar o seu apoio ao lexítimo goberno de Evo Morales e ao pobo de Bolivia ao berro de non ao golpe á democracia.

Durante as mesmas puxéronse en valor os logros do MAS con Evo á fronte do goberno boliviano e  esixiuse o fin da violencia contra o pobo e o inmediato restablecemento do goberno lexítimo emanado das últimas eleccións.

Desde o PCG queremos mostrar o noso profundo rexeitamento ao golpe de estado perpetrado pola oligarquía, lamentar o silencio complice dos grandes medios de comunicación e esixir o fin da violencia das forzas e corpos de seguridade bolivianos contra os manifestantes.

Share