O PCG homenaxea a Gayoso e Seoane.

Durante o día de onte, o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista homenaxeamos a José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, dirixentes do Partido Comunista de España en Galicia […]
Share

Durante o día de onte, o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista homenaxeamos a José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, dirixentes do Partido Comunista de España en Galicia na década dos 40.

Ambos foron enviados pola dirección a Galicia en 1946, co obxectivo de fortalecer o Partido e a guerrilla no país. Durante os dous anos que foron respectivamente Responsable do Comité Rexional galego do Partido e encargado do movemento guerrilleiro no país, os comunistas e a guerrilla fortaleceron a súa influencia na zona, en parte grazas ao labor destes dirixentes.

Gayoso e Seoane foron apresados pola Guardia Civil en 1948. Abríuselles a causa 370/1948, e o  de novembro dese ano foron asasinados polo método do garrote vil.

O Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista herdeiros da memoria de Gayoso e Seoane recordamos aos dous comunistas, e con eles a tantos outros que deron a súa vida por rematar co franquismo e polo comunismo.

Share