O PCG fai un chamamento a participar nos actos en solidariedade co pobo boliviano e o seu lexítimo presidente Evo Morales.

Share

 

Desde que o pasado domingo consumásese o golpe de estado contra o Presidente Evo Morales, orquestrado por Estados Unidos, levado a cabo pola OEA, actuando como Ministerio das Colonias norteamericano e executado pola policía, exército e oligarquía boliviana, a represión contra militantes do MAS, contra aqueles que se opoñen ao golpe, en especial contra o movemento indíxena e campesiño e contra xornalistas de medios nacionais e internacionais, foi brutal.

A violencia fascista comezou tras a vitoria electoral do Presidente Morales. A queima de vivendas contra líderes do MAS e ataques aos seus dirixentes, como o vivido o martes ás portas da Asemblea Lexislativa contra Adriana Salvatierra, titular da Cámara alta e quen debería asumir a Presidencia do país segundo a Constitución Política do Estado, foron unha constante, ata o punto de que o Presidente Morales e o Vicepresidente Linera, tiveron que exiliarse, momentaneamente, a México, tras as ameazas contra a súa vida por parte do exército e a policía federal, alentadas pola golpistas Mesa e Camacho.

A usurpación do poder consumouse cando a golpista Añez se autoproclamou Presidenta do país nunha Asamblea sen quórum.

Os ataques á simboloxía índigena e campesiña como a queima da Whipala, bandeira cooficial de Bolivia e que representa a plurinacionalidad e diversidade do Estado, deixan claro o carácter racista e colonial do golpe e os golpistas.

Toda esta barbarie prodúcese ante o silencio cómplice dos organismos internacionais e ante afirmacións como as de Federica Mogherini, xefa da diplomacia europea, quen o pasado mércores defendeu a autoproclamación da usurpadora Añez, evidencian a conivencia da Unión Europea co golpe.

Por todo esto dende o  Partido Comunista de Galicia facemos un chamamento a participar nos actos en solidariedade co pobo boliviano e o seu lexítimo presidente Evo Morales que se celebrarán este xoves en toda Galicia.

 

Share