Este sábado 16 de novembro, ás 13.00h, no Cemiterio de San Amaro, o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista celebraremos o 71 cabodano de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
José Gómez Gayoso destacou como responsable do Comité Rexional do PCE en Galicia dende 1946. Cando se dirixía a unha reunión con Antonio Seoane, foi detido e condenado a morte na causa 370/1948.
Antonio Seoane integrouse tamén en 1946 na dirección do PCE en Galicia, encargado do movemento guerrilleiro. Detido pola Guardia Civil antes de poder acudir á reunión con Gayoso, foi axuizado no mesmo proceso que este.
Ambos foron asasinados polo Estado franquista o 6 de novembro dese mesmo 1948, despois de ter dirixido o PCE en Galicia durante os meses de maior avance da organización comunista.
O Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista renderémoslle homenaxe na escultura dedicada a súa memoria no Cemiterio de San Amaro, lembrando así a relevancia que os dous camaradas tiveron en momentos de loita aberta contra a ditadura franquista.
Deja un comentario