Non ó golpe do estado fascista contra o Presidente Evo Morales: organicemos a solidariedade!

Tras a vitoria de Evo Morales nas pasadas eleccións presidenciais, a extrema dereita levou a cabo numerosos actos de violencia contra o pobo bolivariano e contra distintos mandatarios do MAS. […]
Share

Tras a vitoria de Evo Morales nas pasadas eleccións presidenciais, a extrema dereita levou a cabo numerosos actos de violencia contra o pobo bolivariano e contra distintos mandatarios do MAS. Estes actos violentos, amparados pola OEA e os Estados Unidos, foron postos en marcha no país polos golpistas Carlos Mesa e Luis Fernando Camacho.

A violencia da extrema dereita fíxose máis grave esta pasada noite con ataques a periodistas e a televisións públicas. Os golpistas botaron lume ás vivendas dos gobernantes de Chuquisaca e Oruro, e á casa da propia hermana do Presidente, Esther Morales.

Ante esta onda de violencia e tras reixeitar os golpistas o diálogo que propuxo o Presidente bolivariano, Evo Morales, nun acto de responsabilidade e compromiso ca paz e a democracia, convocou novas eleccións.

Pasadas as horas, tras as ameazas do exército e a policía contra o Presidente Morales e o aumento da violencia dos golpistas contra a poboación bolivariana, consumouse en golpe e tanto Evo como García Linera desistiron dos seus cargos, tras o triunfo do golpe e pondo a seguridade do pobo bolivariano diante da súa propio. Ámbolos mandatarios deixan unha Bolivia con numerosas conquistas sociais universalizadas e con un 30% menos de persoas en exclusión social.

Despois de se consumar o golpe, a extrema dereita, en connivencia co exército, a casa do Presidente Morales foi saqueada, estase a perseguir e deter a militantes do MAS e ameazan con irrumpir violentamente na embaixada de Venezuela en Bolivia.

Por todo isto o Partido Comunista de Galicia:
– Amosa a súa solidaridade e apoio ó compañeiro Presidente Morales e ó compañeiro Vicepresidente Linera.

– Condea de forma enérxica o golpe contra Evo ó amparo da OEA e os Estados Unidos e esixe a restitución da democracia.

– Condea o silencio cómplice dos organismos internacionais e en concreto da Unión Europea que xunto ós Estados Unidos financiou á oligarquía boliviana dende o ano 2005, co fin de derrocar a Evo.

– Exise unha condea firme dos organismos internacionais y da Unión Europea ao golpe consumado contra Evo.

– Fai unha chamada ós movimentos de solidariedade internacional a que se movilicen pola vida e a liberdade de Evo Morales.

Ler versión orixinal

Share