Manifestación en repulsa á venda de POVISA e por unha sanidade pública

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUITA, DE CALIDADE E CUNHAS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS: FAGAMOS DO HOSPITAL DE POVISA UN HOSPITAL PÚBLICO A política sanitaria que sostén a Xunta de Galicia e […]
Share

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUITA, DE CALIDADE E CUNHAS CONDICIÓNS LABORAIS DIGNAS: FAGAMOS DO HOSPITAL DE POVISA UN HOSPITAL PÚBLICO

A política sanitaria que sostén a Xunta de Galicia e o SERGAS na Comarca de Vigo dende fai anos conleva minimizar o gasto e o servizo ao pobo traballador, que depende do servido público saúde pola súa condición socio-económica. O que debería ser un servizo ofrecido integramente por entes públicos, convertese en un sistema de contratación con empresas privadas para a xestión hospitalaria e a prestación de servizos auxiliares que conleva un deterioro do servizo sanitario e das condicións laborais para o exclusivo beneficio dos donos das empresas contratadas.

Sen embargo, o caso de Povisa chega a ser máis precario aínda. O SERGAS prefire derivar a atención de 137.000 persoas a unha entidade netamente privada á que lle paga 80.000.000€ ao ano, e onde as traballadoras levan anos sen convenio de referencia, en vez de sacar a Xunta de Galicia máis prazas públicas a para persoal sanitario e facer un investimento maior en infraestruturas e equipos. Tras a brutal inxección económica aos donos de Povisa, estes recentemente venderan o hospital a unha corporación de capital privado estadounidense; no que parece un desfalco totalmente planificado ao SERGAS por parte dos saíntes socios capitalistas de Povisa.

Dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista demandamos á Xunta de Galicia que recupere o diñeiro entregado a Povisa e que non fora investido na sanidade deses 137.000 pacientes, que merque o hospital de Povisa para facelo un hospital público de servizo e xestión, e que faga un proceso limpo de integración das traballadoras do hospital no SERGAS. De non facelo, o PP en Galicia seguirá demostrando unha política antipopular en favor das empresas privadas ante a que o Partido Comunista e a Xuventude Comunista non imos manternos indiferentes.

Por todo isto, hoxe estaremos apoiando a convocatoria de manifestación de SOS Sanidade Pública que sairá ás 20 horas da praza de España.

Share
Etiquetas: