Comunicado de repulsa ante a agresión fascista ao bombeiro vigués Miguel Ucles

Share

Dende o PCG na comarca de Vigo queremos condenar a agresión fascista sufrida en Madrid polo presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galiza Miguel Uclés, logo dunha manifestación de bombeiros de toda España que loitan pola mellora das súas condicións laborais.

Coñecemos ben a situación deste corpo na cidade de Vigo e queremos expresar a nosa solidariedade con Miguel e o apoio do PCG ás súas demandas.

Por outra banda, esiximos que estes ataques de tipo fascista, homófobo ou xenófobo, que están a proliferar dun xeito alarmante, sexan investigadas a fondo e os autores respondan dos seus actos. Non podemos consentir que o fascismo vaia medrando entre a indiferencia xeral.

Share