I Escola Nacional de cadros «Santiago Álvarez»

En Santiago, o Partido Comunista de Galicia impartiu a primeira Escola Nacional de cadros «Santiago Álvarez», sendo o seu nome unha homenaxe ó primeiro Secretario Xeral do Partido Comunista de […]
Share

En Santiago, o Partido Comunista de Galicia impartiu a primeira Escola Nacional de cadros «Santiago Álvarez», sendo o seu nome unha homenaxe ó primeiro Secretario Xeral do Partido Comunista de Galicia. A escola contou ca participación de militantes de toda Galicia, e desenrolouse ó longo do día nunha serie de mesas de debate, e ponencias de militantes do Partido Comunista de Galicia, e tamén do Partido Comunista de España.

A xornada comezou ca Participación de Jaime Aja Valle, responsable de análise e debate na área ideolóxica do PCE, Director da Fundación Europea de los Ciudadanos, e profesor de sociología do traballo na Universidade de Córdoba, que falou dos elementos definitorios da clase traballadora actual, e fixo un debate sobre cómo analizar á clase traballadora na sociedade actual.

Isabel Sánchez, secretaria de área ideolóxica do Partido Comunista de Galicia, tratou na súa ponencia a temática de muller e clase, a importancia do feminismo na loita de clases, e como entenden certas ideoloxías ó feminismo.

Francisco Erice Sebares, membro da sección de Historia da Fundación de Investigación Marxistas, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Oviedo, dedicou á súa ponencia á tradición unitaria do PCE, e as bases políticas e ideolóxicas da política de alianzas das e dos comunistas. Proporcionou un rápido debate á historia de alianzas do Partido Comunista de España no último século, abrindo así un intenso debate nos asistentes máis veteranos.

A escola rematou cas ponencias de Yolanda Rodríguez Gonzáles, responsable de área de converxencia do PCE, e membro do Secretariado do Comité Central, e Eva Solla Fernández, Secretaria Xeral do PCG e Vicepresidenta do Parlamento de Galicia. Pecharon a jornada falando do Bloque social alternativo, a Unidade Popular, e a política das e dos comunistas dende o XX Congreso.

Share