Proxección en Ponteareas do documental “Vigo 1972”

MEMORIA GRÁFICA DUNHA FOLGA HISTÓRICA QUE CONTRIBUÍU AO DESGASTE DA DITADURA FRANQUISTA. O luns 14 de outubro ás 20 hrs. proxectarase na sala Multiúsos do auditorio de Ponteareas “Vigo 1972”, […]
Share

MEMORIA GRÁFICA DUNHA FOLGA HISTÓRICA QUE CONTRIBUÍU AO DESGASTE DA DITADURA FRANQUISTA.

O luns 14 de outubro ás 20 hrs. proxectarase na sala Multiúsos do auditorio de Ponteareas “Vigo 1972”, este documental, finalista dos premio Mestre Mateo 2018, conmemora un acontecemento histórico protagonizado pola clase traballadora da área de Vigo.

En 1972 a área de Vigo escribiu unha páxina na historia da súa loita contra a ditadura. O detonante, o despedimento de cinco traballadores que solicitaban unha xornada laboral sen tanta carga horaria, concretamente, 44 horas. O documental “Vigo 1972” conta con testemuños de persoas que a viviron esta loita en primeira persoa.

Durante varias semanas de 1972, Vigo e a súa comarca permaneceron paradas. Foron 15 días de folga xeral que se saldaron con máis de 25.000 traballadores en folga; uns 5.000 despedimentos e centos de persoas detidas e feridas.

Aqueles feitos lograron converter a cidade en centro de atención a nivel estatal e europeo, “poñendo en xaque do réxime franquista e contribuíndo significativamente ao desgaste e fin do réxime”, segundo aseguran na memoria do proxecto documental.

Este acto está organizado polo Núcleo de Ponteareas do Partido Comunista de Galicia e polo colectivo das Xuventudes Comunistas de Ponteareas.

Share