FESTA DO PCG 2019 EN OURENSE

O vindeiro día 29 de xuño celebraremos a Festa anual do Partido Comunista de Galicia no Campo da Feira de Ourense. Unha Festa que as e os comunistas galegos sempre […]
Share

O vindeiro día 29 de xuño celebraremos a Festa anual do Partido Comunista de Galicia no Campo da Feira de Ourense.

Unha Festa que as e os comunistas galegos sempre concibimos como un punto de encontro entre as persoas e colectivos que militamos na causa da emancipación e da xustiza social.

Daquelas que transitamos polo camiño da loita por un proxecto de vida digno para a clase traballadora, dos dereitos das mulleres fronte a violencia patriarcal, da soberanía dos pobos ante imperialismo, da defensa dun mundo sustentable para as xeracións futuras.

Unha festa aberta a todas as compañeiras da militancia social e política que queiran compartir este día de encontro, debate e lecer.

Durante o evento, cun horario previsto de 11 a 19 horas, contaremos con mesas e actividades nas que abordaremos os retos presentes e futuros para a esquerda revolucionaria en Galicia e España, analizaremos a situación da clase obreira e afondaremos sobre as propostas necesarias para construír un país que poña no centro as necesidades e intereses dos sectores populares.

A Festa rematará coas intervencións políticas de Eva Solla, secretaria xeral do PCG e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, de Enrique Santiago, secretario xeral do PCE e deputado no Congreso, e de Miguel Cimas, secretario político da Xuventude Comunista.

En caso de querer colaborar co desenvolvemento da Festa podes dirixirte a calquera dos locais do PCG e adquirir Bonos-Axuda ou realizar un donativo na seguinte conta corrente:

IBAN: ES60 2038 1933 7860 0016 4662 (BANKIA)

TITULAR: PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA

CONCEPTO: GALICIA “DNI ORDENANTE”

Share