Vigo, a cidade sen bombeiros.

Actualmente o corpo de bombeiros de Vigo conta con 102 de 149 traballadores que debería ter, isto é un 31,5% menos do plantel necesario para a cidade. Sumado a isto, […]
Share

Actualmente o corpo de bombeiros de Vigo conta con 102 de 149 traballadores que debería ter, isto é un 31,5% menos do plantel necesario para a cidade. Sumado a isto, a media de idade é superior aos 50 anos. Ademais, 20 bombeiros xubilaranse nos próximos 5 anos. Ante esta situación o concello para suplir a falta de horas prestadas ao servizo sacou un decreto municipal que lles obriga a traballar horas extras nos seus días libres en caso de circunstancias extraordinarias, provocando que, segundo os sindicatos estiman, se están realizando actualmente 37.000 horas extraordinarias de xeito anual cun custe aproximado de 500.000 euros extras contra o presuposto municipal.

Falamos con David Mosquera e David Salgueiro, sindicalistas da Central Unitaria de Traballadores (CUT), que actualmente están desenvolvendo unha campaña de concienciación e loita para corrixir esta situación.

P:  Como está a situación no corpo de bombeiros e que repercusión terán estas problemáticas no verán que está a piques de chegar

R: O servizo de bombeiros funciona por picos, no verán sempre se prevé unha intensificación das tarefas a desenvolver. Sumado a isto, o concello quere asumir unha serie de competencias que, a maiores do traballo actual imos a sumar estas competencias que o concello quere asumir.

No verán acostumamos a ter máis traballo por incendios forestais, as temporada da avespa velutina, etc. De aí saen as 37.000 horas extras anuais que realizamos para completar o servizo, e que van aumentando. Co decreto que o concello sacou para cancelar os descansos para completar os servizos podemos estar facendo 3 e ata 4 xornadas diarias de traballo. Hai que ter en conta o desgaste físico asociado ao traballo, xa que hai gardas nas que en toda a noite non pegas ollo. E parte a complicación para a conciliación familiar, se tes fillos ou persoas maior a túa carga etc.

Sumado a isto hai compañeiros con 50 anos que se segue subindo a un camión de primeira intervención, que aínda que se manteña en bo estado físico é complicado. Cando nós entramos no corpo estes compañeiros facían os traballos de menor intensidade, de prevención, etc.

P: Os Equipos de Protección Individual (EPIs) cos que estades traballando están caducos?

R: Os EPIs que usamos está comprados por renting, polo que o custe dos mesmos é máis elevado e o material nunca chega a ser do corpo. O custe deste renting e moi elevado para a cidade de Vigo, chegando a estar á altura de cidades como Madrid ou Barcelona.

Varios compañeiros traballaron coa xefatura para escoller os materiais, pero chegado o momento da firma o responsable do concello, asinou o que lle deu gana coa empresa, que non eran a millor nin a elixida polos traballadores. Finalmente nos atopamos que os EPIS, roupa e cascos, non eran os seleccionados polos traballadores e son de moi baixa calidade, polo que moitos compañeiros están elixindo traballar co EPI antigo fora de renting, que non cumpre a normativa pero o material actual é incomodo, máis pesado que o antigo, dunha calidade menor e sen un tallaxe axeitado.

Normalmente nun parque destas características hai un grupo de xente que traballa cos EPIs, faise un estudo e elíxese o material, tallaxes. Ten que vir un xastre que toma medidas aos traballadores. Porén no noso caso veñen cunhas tallas estándar que non sempre se axustan aos nosos físicos.

P: Tedes a intención de reunirvos co concello, de feito asistichedes a un mitín que Abel Caballero.

R: A nosa intención é resolver esta problemática pero actualmente témolas portas do concello fechadas e para isto estamos facendo ruído para que nalgún momento se movan para resolvelo. Agora mesmo está nas súas máns solucionar que unha intervención se suplante con outra e non cheguemos, de que arda un monte e non chegue a xente. Ou son uns inconscientes absolutos ou terán que abrir as portas nalgún momento para negociar.

P: Tivestes problemas nas eleccións municipais e europeas do 26 de maio para exercer o voso dereito ao voto.

R: O sábado pola noite entraron a traballar 16 compañeiros, e o sarxento que estaba de garda comunicou aos superiores a situación coa intención de configurar a situación para que podiamos ir a votar. Informannos de que os funcionarios que vivan en Vigo dispoñen dunha hora para ir a votar. Nos casos dos que viven fora, dispoñen de unha hora e corenta e cinco minutos. Malia que legalmente, ao traballar 24 horas, nos corresponden 4 horas para ir a votar.

A isto sumouse as ameazas de que tódolos compañeiros que excedesen este período, se lles abriría un expediente disciplinario polo que houbo moita tensión entre os bombeiros e o mando e os superiores.

O propio domingo, ás 9:45, é dicir, 45 minutos despois do inicio da xornada electoral, cheganos o decreto, que fan pola mañá, polo que automaticamente quedan anuladas 3 horas para ir votar.

Cómpre salientar que os parques de bombeiros de Vigo teñen que contar con 20 bombeiros en todo momento polo que, tras un par de intervencións nos que dous compañeiros máncanse e teñen que ir de baixa, algún compañeiro que sae a votar, hai momentos da xornada na que cidade conta con 10 e 12 bombeiros entre os dous parques. Chegando en Balaidos a só contar con 3 compañeiros e ningún condutor, co que o servizo queda anulado co que a parte suroeste da cidade queda sen cubrir. Propuxose centralizar o servizo en Teis, desprazando os tres compañeiros a este parque, máis ante a posible repercusión mediática que podía ter o peche da central no días das eleccións, toman a decisión política de non mover os desprazar os compañeiros.

De resultas disto, dous compañeiros non puideron ir a votar.

P: Seguiredes coas accións da rúa

R: A historia de todo isto, hai unha censura por parte do concello brutal, temos algunha cobertura por parte de prensa afastada do concello pero non chega, polo que xente ten un descoñecemento do que pasa no parque de bombeiros total, polo que seguiremos facendo traballo de informar á xente na rúa, poñendo faixas, etc. ainda que o concello as barre dun día para outro. É o que nos queda para visualizar o conflito, coas nosas reivindicacións ata que dean o brazo a torcer e se senten con nós a corrixilos problemas. Non nos queda outra, pola nosa integridade, a nosa seguridade e a da cidade.

É importante que se entenda que nos somos a seguridade da cidade, e se faia a seguridade é porque somos poucos e estamos mal preparados. Non entendemos que o señor Caballero, cando se fan mobilizacións pola sanidade pública el é o primeiro en asistir, pero ten o mesmo problema no concello de Vigo pero non se quere arrimar.

 

Ante isto, as comunistas saudamos a loita dos bombeiros e nos sumamos ás súas reivindicacións, esixindo ao concello:

O cese da censura que as sindicalistas están sufrindo por parte do concello, do alcalde Abel Caballero e o concelleiro Carlos López Font.

Unha dotación suficiente de bombeiros e bombeiras para o corpo de Vigo e a supresión das horas extras como mecanismo para garantilo servizo.

A dotación de equipos de protección individual de calidade, axustados ao traballo e dos e das bombeiras.

Share