O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA APOIA A MOBILIZACIÓN DAS E DOS TRABALLADORES DA INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA

Ante a falta de resposta por parte dun goberno socialista máis preocupado dos seus intereses electorais que do futuro da industria as e os traballadores volven a saír as rúas […]
Share

Ante a falta de resposta por parte dun goberno socialista máis preocupado dos seus intereses electorais que do futuro da industria as e os traballadores volven a saír as rúas reclamando garantías de viabilidade para o sector.
Son máis de 4500 os empregos directos en Galicia ameazados pola falta dun marco normativo e económico estable que resolva o problema dos costes crecentes da enerxía para sector das electrointensivas. Unhas industrias, como a do aluminio ou aceiro, claves para a cohesión económica e social do país polo seu alto valor engadido e desenvolvemento tecnolóxico.
O borrador de Estatuto de Consumidores Electrointensivos, anunciado en marzo polo ministerio de industria, é claramente insuficiente e ineficaz, abocando a alongar o escenario de incerteza que pesa sobre plantas e empregos industriais. Unha situación que é aproveitada polos capitais operantes no sector para impoñer chantaxes, cos traballadores como reféns, sobre a perversa lóxica de “subvención ou peche” como reflexa a realidade de ALCOA no último lustro.
O PCG, en declaracións da súa secretaria xeral, Eva Solla, “apoia e súmase ás xustas reclamacións dos cadros de persoais que mobilizarase fronte ás consellerías da Xunta ante o desleixo das distintas administracións cara á industria e ao estatuto. As e os comunistas temos claro que só mediante a intervención do mercado eléctrico, coa creación dun polo público da enerxía que asegure prezos axustados para os consumidores industriais e domésticos, eprocedendo a nacionalización deindustrias estratéxicas como a que nos ocupa, poderemos asegurar non só o mantemento presente e futuro de postos de traballo, senón un horizonte produtivo soberano e fonte de creación de riqueza social”.
Neste sentido chamamos a secundar a manifestación que este luns 20 de maio percorrerá as rúas de Compostela convocada polos comités de empresa das plantas de Alcoa A Coruña e San Cibrao, FerroatlánticaSabón, Cee-Dumbria e CelsaAtlantic.

Ampliación.

Esta mañá acompañamos en #Compostela ás e aos traballadores da industria electrointensiva galega en defensa dun marco estábel para o sector. Todo o noso apoio!

A máis que poñan en risco o futuro industrial no país máis elevaremos a chamada de loita e nacionalización.

Share