Exposición e documental “Camilo o último guerrilleiro de Galicia”

O martes 14 de maio de 2019 na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o Núcleo Comunista do PCG en Compostela organizou unha actividade centrada no mundo da guerrilla antifranquista, […]
Share

O martes 14 de maio de 2019 na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o Núcleo Comunista do PCG en Compostela organizou unha actividade centrada no mundo da guerrilla antifranquista, que contou cunha palestra-exposición e a proxección dun documental.
Juan Pirola presentou o documental “Camilo: o último guerrilleiro de Galicia”, do que é director. O documental permitiu coñecer a vida de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia queremos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, o arriscaron todo pola xustiza, a liberdade e a democracia.
Carlos Tejerizo, investigador e arqueólogo do CSIC, presentou os resultados das escavacións na ‘Ciudad de la Selva’, un conxunto de campamentos distribuidos nos montes de Casaio, onde estivo a base principal da “Federación de Guerrillas de León-Galicia”. Foi un espazo moi importante para a resistencia guerrilleira, e contábase que era o único sitio onde ondeaba a bandeira republicana e se podía escoitar “¡Viva la República!”.

Os nosos referentes son os que loitaron pola liberdade, non os tiranos, quen se comprometeu co avance da xustiza social e os dereitos da maioría.
Por iso é crucial construir memoria democrática. Un arma de futuro coa que construir a nova sociedade pola que día a día loitamos as e os comunistas.

Share