[#Vigo] FORA AS CASAS DE APOSTAS EN BARRIOS OBREROS

Así coma nos anos 80 a heroína fixo moito dano ós nosos xóvenes o sistema capitalista nos trae unha nova droga que tamén causa dependencia e dano para as clases […]
Share

Así coma nos anos 80 a heroína fixo moito dano ós nosos xóvenes o sistema capitalista nos trae unha nova droga que tamén causa dependencia e dano para as clases populares, como son as casas de apostas.

O PCG considera moi perigoso este tipos de locais, que moitas veces abren preto dos parques ou de centros educativos, xa que fomentan á ludopatía e poñen en serio risco ás familias traballadoras dos barrios populares.

Dende o PCG instamos e exisimos ás administracións públicas que tomen medidas que prohíban a apertura destes centros, que non aportan ningún ben ou progreso aos barrios obreiros.

Solicitamos tamén á Administación Pública que prohíba as máquinas de apostas dos establecimientos hosteleiros e a inminente retirada de tódolos anuncios de casas de apostas dos medios de comunicación.

Consideramos que é nocivo tamén que haxa equipos de fútbol que nas súas camisetas luzan o logo dunha casas de apostas ou nas vallas publicitarias dos estadios de fútbol. Solicitamos tamén a retirada destes logos e vallas publicitarias.

O Partido Comunista de Galicia apoiará a manifestación convocada pola asociación de veciñas de Novo Vigo de Navia para o vindeiro 30 de abril ás 20:00 horas ante a próxima apertura dun local de casas de apostas no barrio.

Share