[#Vigo] O Pleno Municipal comprométese a ampliar o Servizo de Salvamento e Socorrismo.

Share

No día de onte, o Pleno do Concello de Vigo aprobou por unanimidade a Moción presentada pola Marea de Vigo que acordaba a ampliación do Servizo de Salvamente e Socorrismo nas praias da cidade dende o 1 de xuño ao 30 de setembro.

A Moción presentada o mércores, a iniciativa de Comisións Obreiras, contou co apoio dos tres grupos municipais con representación na coorporación.

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, salientou a importancia de buscar unha maior estabilidade no emprego e un Servizo que cubra os nosos litorais, que ano a ano énchense de veciñanza e turistas.

MOCIÓN ABRIL 2019. SOLICITAR A AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO NAS PRAIAS DE VIGO

Share