A morte dun Camarada Un Comunista Incorruptible.

Share

Hoxe 5 de abril de 2019 faleceu aos 85 anos Luis Ares Valentin. O seu enorme compromiso cos
ideais comunistas foi sempre recoñecido polos seus camaradas. Foi un militante comunista que nos
deixa a súa imaxe de vitalidade e inconformidade constante contra o sistema capitalista, xa dende a
clandestinidade, na dictadura, ata agora neste momento no que cada día nos animaba a seguir na
loita.
Chegou a Vilagarcía nos anos 70 logo dunha vida de neno orfo internado en escolas relixiosas, que
se formou para traballar nos talleres de Renfe como tornero- fresador. Dende o primeiro momento
organizouse na célula local do Partido e poñendo en marcha as CCOO no seu centro de traballo e en
toda a comarca, sendo unha persoa imprescindible na organización da militancia e afiliación.
Na resistencia tamén foi a súa vida exemplo, nas propias organizacións onde militaba, que coñecía e
seguía sempre con disciplina e crítica dos conflictos internos, aguantando a presencia do Partido en
situacións difíciles.
A súa biografia que está por escribir, contará o seu coñecemento sobre a política e as organizacións
nas que militou. A súa presencia nos diversos procesos, congresos, xuntanzas e reunións con moitos
grandes dirixentes do Partido Comunista. A República como referente e bandeira, pero sobre todo a
súa loita no máis próximo, no máis sinxelo, no máis auténtico. Sempre movéndose onde estaba a
base social e de clase.
Luis foi un home con unha enerxía e vitalidade moi intensa orientada a acción política de clase,
sempre na base. E sempre próximo no persoal a quen precisase da súa axuda, a pesares de ter
pasado por situacións persoais moi difíciles e complicadas. Da súa honestidade e compromiso
tamén queda o exemplo para os que tivemos a honra de tratalo.
Será recordado coma un dos imprescindibles, porque nunca deixou de estar na movilización e na
implicación polos dereitos de clase, sabendo sempre que sen loita non hai futuro. De seguro que os
que o coñeceron saben que ata o final con forza, ánimo e valor, se rebelou contra a falla de
democracia e as consecuencias que ten para a xente traballadora.
A súa morte deixa un enorme vacío para todos os que aínda creemos na dignidade e na honradez no
exercicio da politica. Luis foi sempre un Comunista fiel aos seus principios.
Que a terra te sexa leve, camarada

Share