O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA PRESENTA MOCIÓNS EN DEFENSA DO POBO PALESTINO NO ANIVERSARIO DA GRAN MARCHA POLO RETORNO

29 de marzo de 2019. No primeiro aniversario da “Gran Marcha polo Retorno” realizada na celebración do Día da Terra do ano 2018 o Partido Comunista de Galicia reclama ao […]
Share

29 de marzo de 2019. No primeiro aniversario da “Gran Marcha polo Retorno” realizada na celebración do Día da Terra do ano 2018 o Partido Comunista de Galicia reclama ao conxunto de corporacións municipais a ruptura de todo vínculo coa política de limpeza étnica exercida contra o pobo palestino.
A poboación palestina ao longo de estas décadas ten sido obxecto de dura represión militar, sendo especialmente criminais as masacres perpetradas periodicamente contra a Franxa de Gaza, cualificados de crimes de guerra pola comisión de investigación de Nacións Unidas liderada por Goldstone en 2009.
Como sinala a secretaria xeral do PCG, Eva Solla, “resulta indignante a impunidade coa Israel masacra mediante bombardeos á poboación palestina, tal e coma ven de acontecer recentemente na Franxa de Gaza. Uns bombardeos que repiten o horror dos lanzados no verán 2014 sobre toda a Franxa, que deixaron máis de 2200 persoas palestinas mortas e decenas de miles de feridas.”
Israel impón un sistema de Apartheid á poboación dos territorios ocupados, incluíndo Xerusalén, e dentro do estado israelí contra a cidadanía palestina – que non ten os mesmos dereitos que os seus homólogos xudeus.
Ademais o bloqueo inhumano imposto á Franxa de Gaza desde fai máis de dez anos, asfixia calquera intento de desenvolvemento neste territorio, deixando a milleiros de familias sen vivendas e sen medios para sobrevivir.
Uns crimes aos que se suman os acontecidos durante a “Gran Marcha polo Retorno” celebrada o 30 de marzo do pasado ano, no que se asasina e fire ás persoas que ao longo da fronteira de Gaza se manifestaban reclamando o dereito a regresar aos fogares dos máis de sete millóns de refuxiados e refuxiadas palestinos expulsados dende 1948 polo exército sionista, tal e como así recoñécese na Resolución 194 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
O Partido Comunista de Galicia, a un ano de perpetrarse este brutal crime, trasladará unha moción aos espazos municipalistas onde estamos presentes para declarar as cidades e vilas galegas como Espazos Libres de Apartheid israelí.

Share