O PCG PARTICIPARÁ O 10 DE MARZO NAS ACTIVIDADES POLO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Membros da dirección do Partido Comunista de España, entre elas a súa secretaria en Galicia e vicepresidenta do Parlamento Galego, Eva Solla Fernández, e o secretario de Relacións Internacionais e […]
Share

Membros da dirección do Partido Comunista de España, entre elas a súa secretaria en Galicia e vicepresidenta do Parlamento Galego, Eva Solla Fernández, e o secretario de Relacións Internacionais e candidato por IU ao Parlamento Europeo, Manuel Pineda, participarán nos actos previstos o 10 de marzo en Ferrol polo Día da Clase Obreira Galega xunto co Sindicato Nacional das Comisións Obreiras de Galicia.

 

Marcharán na convocatoria de manifestación convocada por CCOO ás 11.30 horas en bloque propio baixo o lema “Obreiras en Pé, conquistando Traballo Digno” dentro da campaña desenvolvida polo PCG e a Xuventude Comunista. Como así expresou Eva Solla “Este 10 de marzo debe servir para elevar unha clara voz fronte á desaparición progresiva do tecido industrial galego e a precariedade do emprego. É necesario para Galicia unha alternativa laboral e social de defensa dos dereitos básicos e de futuro económico para o país. Recollemos a testemuña de loita desenvolvida fai 47 aos por Amador Rey, Daniel Niebla e tantas outras traballadoras para conquistar hoxe un proxecto de vida e traballo digno”

 

Igualmente as e os comunistas asistirán durante esta xornada á ofrenda floral que ás 11 horas celebrarase no monumento aos sucesos de 1972 e á entrega dos Premios da Fundación 10M de CCOO no Centro Cultural Torrente Ballester ás 13 horas.

 

 

Share