[#Vigo] O PARTIDO COMUNISTA COAS TRABALLADORAS DE UNÍSONO

O luns 28 de xaneiro se leva a cabo unha folga de 24 horas convocada a nivel Estatal, na que por primeira vez tódolos sindicatos únense en defensa do cadro […]
Share

O luns 28 de xaneiro se leva a cabo unha folga de 24 horas convocada a nivel Estatal, na que por primeira vez tódolos sindicatos únense en defensa do cadro de persoal de Unísono e contra a actitude da empresa.

Dende o PCG facemos un chamamento a tódolos traballadores e traballadoras có fin de que secunden a folga na loita por un emprego digno e por unhas condicións laborais xustas.

Esiximos á empresa que mude as súas políticas precarizantes e remate coa contratación vía ETTs que empeoran aínda máis as condicións laborais das traballadoras e dos traballadores na empresa.

Demandámoslle tamén a empresa que hixienice os centros de traballo, e en particular os baños, vendings e postos de traballo; que se atopan en situacións insalubres. Que cumpra en termos de saúde laboral reparando o aire acondicionado que tanto dano fai a costas e gorxas do cadro de persoal; pero sobretodo, que cumpra coas Resolucións da Inspección de Traballo e a lexislación vixente no Estatuto dos Traballadores e no Convenio, obviadas todas pola empresa de xeito sistemático.

Dende o Partido Comunista de Galicia animamos ao cadro de persoal a que secunde a folga, e rachar así cunhas condicións inxustas e ilegais, impostas pola empresa a diario.

Traballadora de Unísono!
Traballador de Unísono!
Súmate á loita sindical!

Share