[#Vigo] O PCG convida ás traballadoras de Bosch a defendelos seus postos de traballo

Share

O Partido Comunista de Galicia convida ós traballadores e traballadoras de Bosch a acudir ás asembleas do vindeiro luns de 11 a 13 e de 17 a 19 horas nos centros da avenida de Madrid e a rúa María Berdiales. Para tratar a rescisión de tódolos contratos de ETT e as medidas adicionais para recortar empregos, salarios e dereitos acordados entre Vodafone e Bosch.

Ambas empresas tratan de vender estos despidos como algo conxuntural, pero o certo é que dende fai máis de tres anos as condicións laborais sofren unha degradación continuada tanto en salarios como en condicións de traballo. O aumento da precariedade sáldase con máis de 90 persoas foron xa despedidas e outras tantas poden selo o mes próximo, ademais do aumento das esixencias en produtividade.

Queren facer pagar aos traballadores e traballadoras as nefastas xestións realizadas polas dúas empresas.

Por isto as comunistas reivindicamos:
A cancelación do ERE de Vodafone
O paso a plantilla das traballadoras de ETT

Share