[#Mondariz] O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA APOIA AS REIVINDICACIÓNS DOS MÉDICOS E A MANIFESTACIÓN DE MONDARIZ CONTRA O DETERIORO DO SERVIZO DE SAÚDE NA ÁREA DE VIGO

Dende o PCG animamos a clase obreira e demais sectores populares a persistir na defensa da sanidade pública coas mobilizacións adecuadas, único xeito de reverter o penoso deterioro deste servizo […]
Share

Dende o PCG animamos a clase obreira e demais sectores populares a persistir na defensa da sanidade pública coas mobilizacións adecuadas, único xeito de reverter o penoso deterioro deste servizo básico.

Nesta liña apoiamos a dimisión cuasi unánime dos responsables dos centros de saúde da área de Vigo e a manifestación que protagonizará a veciñanza de Mondariz Balneario, Mondariz e O Covelo, esixindo o servizo de pediatría digno. Como xa se ten recollido en diversos medios, a falta dun servizo de pediatría en Mondariz, non só afecta a estes concellos, senón que afecta moi directamente ao funcionamento e operatividade do PAC de Ponteareas xa sobrecargado. Aparte de que afonda o despoboamento do rural galego.

Sábado, 15, ás 16:00 sairá a manifestación dende o Concello de Mondariz Balneario ata Mondariz.

A sanidade galega é competencia legal da Xunta de Galicia e o PP, abusando da súa maioría no Parlamento de Galicia, agride brutalmente á sanidade pública, a que nos interesa especialmente ao conxunto da clase obreira.
Dende vai anos estase denunciando o deterioro sistemático da sanidade pública galega por organizacións sociais e políticas maioritarias, especialmente a Plataforma SOS sanidade pública.
A principios deste ano, alertábase por parte desta plataforma “dos recortes e privatizacións postas en marcha pola Xunta de Galicia para desmantelar o Sistema Sanitario Público e facilitar o desembarco de hospitais propiedade de multinacionais, aseguradoras e fondos de investimento. A saturación das urxencias hospitalarias evidencian o colapso do sistema cunhas lista de espera cada vez máis ocultas resultado da diminución de persoal, camas e recursos diagnósticos e o abandono da Atención Primaria”.
As privatizacións da sanidade están amparadas tanto pola lei estatal 15/1997, impulsada daquela polo PP de Aznar, pero apoiada polo PSOE, como pola lexislación galega impulsada polo PP en Galicia. Privatización que debemos interpretar como un ataque a un dereito básico da clase traballadora para beneficio do capital.

Os gobernos do PP e PSOE mantiveron e manteñen moi baixos os impostos ás grandes fortunas, e agora o PP galego escúsase en que non teñen cartos. Pero é notorio que a recadación fiscal en España está moi por debaixo da media da UE.
O desprezo do PP pola sanidade pública, pola saúde e pola intelixencia dos galegos reflíctese no insultante comentario do xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial, afirmando que “o problema é que non existen pediatras nin médicos de familia para cubrir as baixas”. Coma si o goberno galego, coa súa competencia plena en educación, non fose tamén responsable da dotación do persoal titulado necesario, así como da precariedade laboral no SERGAS, onde abundan os contratos de días de duración, provocando que os profesionais, una vez formados con centos de miles de euros públicos, emigran a outros lugares, cunhas mellores condicións de estabilidade.

Share