Este 25 de novembro camiñamos cara á folga feminista do 8 de marzo 2019

Este 25 de novembro, día Internacional contra as violencias machistas cara ás mulleres, refórzase polo impulso que supuxo a Folga Feminista de 2018 e pola nova convocatoria de folga para […]
Share

Este 25 de novembro, día Internacional contra as violencias machistas cara ás mulleres, refórzase polo impulso que supuxo a Folga Feminista de 2018 e pola nova convocatoria de folga para o 2019 acordada polas Comisión Estatal 8M en Xixón.

Con todo, e a pesar do éxito da Folga Feminista e das continuas mobilizacións feministas ao longo destes anos, chegamos a este 25N coa faciana máis descarnada da xustiza patriarcal, casos como o de Juana Rivas, de La Manada e mulleres asasinadas as que se lle negaron os sistemas de protección, poñen de manifesto que a xustiza non nos cre ás mulleres, o que ten consecuencias lesivas e mortais.

No que levamos de 2018 teñen sido recoñecidas 43 mulleres asasinadas. Dende o 2003 – que existen rexistros- foron asasinadas 962 mulleres e 25 menores, segundo datos oficiais do Ministerio de Presidencia.

Lonxe de pór a vida no centro, sufrimos a alianza criminal entre patriarcado e capital: feminicidios, prostitución, úteros de aluguer, precariedade laboral, fenda salarial e das pensións, racismo e xenofobia.

Este ano, esiximos xunto as nosas irmás arxentinas o dereito ao aborto, dereito que esiximos para todas as mulleres, de xeito gratuíto, seguro e en sistemas sanitarios públicos. No estado español non queremos retrocesos , nin queremos unha lexislación que mantén ao aborto no código penal e que permite desigualdades a hora de exercer este dereito, como non cubrir o gasto da anestesia ou a imposibilidade de abortar na sanidade pública en todas as Comunidades Autónomas. Obstaculizar este dereito, tamén é violencia machista.

O PCG esixe neste 25 de novembro:

  • Unha Lei Orgánica Integral de protección e erradicación das violencias machistas, non solo as de parellas ou exparellas, con fananciamento efectivo.
  • Un novo sistema xudicial que garanta a protección das mulleres vítimas de violencia machista.
  • A aprobación no Congreso dos Deputados da Lei Orgánica para a erradicación da prostitución.
  • Aprobación polo Congreso da Lei para a protección integral da liberdade sexual e para a erradicación das violencias sexuais.
  • Medidas encamiñadas á protección de descendente menores de mulleres maltratadas.
  • Medidas para a erradicación da pobreza e exclusión social, como a Renda Básica Universal.
  • Medidas preventivas que garantan a coeducación, unha educación en valores igualitarios e de empoderamento das mulleres.
  • Derrogación das reformas laborais e aseguramento do poder adquisitivo das pensións e a subida das pensións mínimas e de viuvez.

O PCG chama á participación nas manifestacións convocadas contras a violencias machistas e implicarse e espallar á Folga Feminista por cada recuncho do país.

Share