[#Vigo] O Grupo PSA Vigo plantea un ERTE que afectaría a 800 traballadoras e traballadores nos vindeiros 100 días.

Share

O Expediente de Regulación Temporal de Emprego plantexado hoxe pola empresa afectaría aproximadamente a 800 traballadoras e traballadores da liña de montaxe M1, se plantexa para xaneiro do ano 2019, segundo a empresa a espera dun novo modelo co que incrementar as horas de produción.

Desta maneira a empresa de Balaidos deriva os efectos da mala planificación da produción ás traballadoras, que despois de anos de perda constante de dereitos laborais teñen que soportar un novo ataque.

Dende o Partido Comunista de Galicia en Vigo queremos amosar o noso apoio as traballadoras e sindicatos que están traballando na defensa dos postos de traballo e así mesmo exisimos á patronal que escoite as súas demandas de reparto do emprego entre as traballadoras das liñas de montaxe.

Animamos á poboación a sumarse a esta loita, que é a loita de todas.

Ante os ataques da patronal:
Non ao ERTE do Grupo PSA.
Organización.
Solidariedade de clase.

Share